Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín retoma o programa infantil Kero Kolo
O Concello de Verín retoma o programa infantil Kero Kolo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Xaneiro 2020 11:34

A partir do 14 de xaneiro, a área de Deportes do Concello de Verín retoma o programa infantil Kero Kolo. Esta iniciativa busca converterse nun espazo de encontro entre familias e menores (de un a tres anos de idade) onde, acompañados pola persoa directora das sesións, crearase un espazo relacional,  asentando así as bases para unha sólida educación e convivencia con outros iguais.

Devandito programa, que se desenvolverá todos os martes e xoves, de 11:00 a 12:30 horas, na aula de psicomotricidade do Pavillón Municipal de Deportes, ten por obxecto crear unha serie de actividades de interacción e participación entre os/as menores e as familias nas que se desenvolven iniciativas de educación infantil conxuntas e propostas polos participantes, é dicir, unha aula de convivencia que será unha antesala de entrada ao centro educativo e a compartir experiencias cotiás.

As inscricións pódense realizar no Servizo de Deportes situado no Pavillón Municipal ou no teléfono 988.41.11.40, a partir do 9 de xaneiro de 2020.

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac