Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Ábrese o prazo de inscrición de carrozas e comparsas para o Entroido 2020 de Verín
Ábrese o prazo de inscrición de carrozas e comparsas para o Entroido 2020 de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Xaneiro 2020 12:52

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. O prazo de inscricións ten como data tope o mércores, ás 14:00 horas.

A orde e colocación do desfile irá a criterio da organización e será conretada na reunión organizativa do desfile que terá lugar o mércores 19, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura.

Os interesados en inscribirse poderán achegarse ata a Oficina de Información turística de Verín para facer efectiva as súas proposta. (Horario: de 10.30 a 14.30 y 16.30 a 19:00 horas).

Os horarios dos desfiles serán os seguintes:

  • Saída do desfile do domingo ás 12:00 horas.
  • Saída do desfile do martes ás 16:30 horas.

A comparsa ou carroza que participen no desfile debe estar, como mínimo, 30 minutos antes da saída, para que a Organización poda colocalos na súa posición e comezar con puntualidade, na Avenida de Castela, á altura da rúa San Félix.

Aquelas carrozas que queiran abandonar o percorrido antes de chegar á Praza da Alameda unicamente poderán facelo a través da ponte da n-525, chegando ata a Rotonda da Casa do escudo, se queren dar a volta, e quedándose unicamente no carril dereito agardando a que o desfile remate para ir ao seu destino. É Importante que deixen sempre un carril libre para os vehículos dos servizos de emerxencia mentres realicen a espera.

RECOMENDACIÓNS:

1. Recoméndase non  realizar  paradas con duración prolongada no tempo para que non exista moita distancia entre os grupos dos desfiles. Sigan sempre a comparsa/carroza ou charanga que levan diante sen deixar moitos metros de marxe.

2. Aqueles vehículos a motor que non teñan o seguro correspondente non estarán cubertos polo seguro do concello para os desfiles. Neste caso,  recomendase que dita carroza/comparsa contrate o seu propio seguro para estes tipos de eventos.

3. Aqueles vehículos que foran modificados para o desfile ou que sirvan para tirar dun remolque modificado para dito evento recoméndaselle que leve consigo un extintor.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac