Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno Ordinario: 30 de xaneiro de 2020
Pleno Ordinario: 30 de xaneiro de 2020 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 30 Xaneiro 2020 14:15

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:

 1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN  EXTRAORDINARIA URXENTE DE DATA 27/12/2019

2. Expediente 50088/2019. APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2020

3. Expediente 238/2020. DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS EN MATERIA DE TRÁFICO E SEGURIDADE VIAL

4. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA

5. ROGOS E PREGUNTAS

Tras aprobar por unanimidade a acta da anterior sesión extraordinaria urxente, o presidente en funcións, Diego Lourenzo Moura, someteu votación a aprobación a aprobación inicial do Orzamento Xeral para o exercicio 2020 que se aprobou por 11 votos (6 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 votos en contra do Partido Popular.

O importe do Orzamento Xeral deste Concello para o ano 2020 ascende á cantidade total, en canto a ingresos e gastos, de 14.060.735,27 euros. Sgundo destacou Diego Lourenzo na súa intervención «o mencionado importe total lévanos a asegurar que estamos ante Orzamento máis elevado da historia deste Concello, sendo superado en 1.429.491,32 euros en comparación ao último Orzamento de maior importe aprobado por este Concello, este foi o do exercicio 2013 (importe total de 12.631.243,45 euros)».

No referente ao gasto en inversións reais, que ascende a un total de 3.021.244,22 euros, Diego Lourenzo destacou as seguintes actuacións:

- Adquisición por expropiación dos terreos de Fontenova e terreos para a Ponte de Queizás, ambos necesarios para poder desenvolver os proxectos xa redactados.

- Os proxectos financiados por subvencións de ámbito estatal como a Ponte de Queizás e a Renovación e mellora do alumeado público, ambas inversión con dotación de 100.000,00 euros cada unha.

- Actuación de Rehabilitación parcial da antiga escola de Feces de Abaixo e a obra do Canal de San Lázaro.

- Continuación da Pavimentación en rúas de Feces de Abaixo e Cabreiroá.

- Obras de mellora nas vías de acceso a Verín, concretamente Estrada de Castilla con colocación de bordillos.

- Actuacións de ensanches e pavimentación en Estrada de Vilela a Hospital. 

- Diversa compra de maquinaria e adquisición de materiais necesarios para diversos servizos.

- Gastos de inversións de carácter inmaterial en Estudos e proxectos técnicos así como a redacción do novo PXOM e PEPRICH.


Por outra banda, o pleno tamén aprobou por 11 votos (6 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, a delegación de competencias a favor da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense e na Agrupación de Tráfico da Garda Civil, relativa á vixilancia, control, denuncia e sanción de infraccións en vías urbanas e en xeral aqueloutras competencias que correspondan á Policía Local, no servizo  nocturno todos os días da semana (excepto sábados) de 22,20 h a 7,20 h.

 


 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac