Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Entroido de Verín quenta motores o sábado 15 coa estrea do documental “O noso Entroido” no Auditorio
O Entroido de Verín quenta motores o sábado 15 coa estrea do documental “O noso Entroido” no Auditorio PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Febreiro 2020 14:28

Nova cita no Entroido de Verín, o serán anterior ao domingo corredoiro. O Auditorio da vila acollerá o sábado 15 ás 20:00 unha gala solidaria, coa estrea do documental “O noso Entroido”, realizado por varios verineses baixo a dirección do senlleiro entroideiro Miguel Angel Prieto Sotelo, “Chita”, xunto con varias actuacións musicais e a condución estrela do maestro Miro Mateo. A recadación será destinada integramente á Asociación contra o Cancro de Verín.

Logo do traslado, con notable éxito de público, do Pregón oficial do Entroido ao Domingo de Corredoiro, o Concello de Verín ensaia este ano outra novidade no programa das súas celebracións centrais. Neste caso o carnaval da un salto ao audiovisual, grazas á película documental rodada durante os dous últimos anos polos verineses Miguel Prieto Sotelo, “Chita”, Óscar Conde Pérez e Juan Carlos Méndez Damorín, e a participación de ducias de veciños de Verín e outras localidades. Será o propio “Chita” tamén o responsable de pronunciar o tradicional pregón do Entroido de Verín o domingo 16, ás 13:30 horas, na Praza Maior.

A trama do documental, vibrante e cunha trepidante “vis cómica”, consiste nas manifestacións espontáneas do público ante o protagonista que percorre os “puntos quentes” do carnaval cunha misión: dilucidar cal é “o mellor entroido do mundo”.  O resultado é unha desternillante procesión de personaxes que pugnan, entre todos, por dar resposta a esta pregunta, posiblemente a máis transcendente para varias comarcas do sur de Galicia.

Entradas dispoñibles a partir do xoves 6 no Auditorio Municipal, en horario de 17:00 a 20:30h. Achega solidaria: 5 euros.


Sorteo de obras de Barreira, Rivada, Castro e Rojas

A gala comezará ás oito da tarde do sábado 15 no Auditorio de Verín, xusto a tardiña antes do pregón. Estará conducida polo mestre Miro Mateo, e ademais da proxección do documental “O noso Entroido”, contará con actuacións musicais, humor, e moita festa.

De feito, os organizadores da gala recomendan ao público que acuda disfrazado ao Auditorio, para participar festivamente no que será o “comezo audiovisual” do carnaval do 2020.

Así mesmo, entre os asistentes se celebrará un sorteo de varias obras de arte de creadores plásticos da comarca de Monterrei. Dúas pinturas de Fernando Barreira, unha esculto-pintura de Xosé Rivada, unha sudadeira decorada de Manuela Rojas e unha xilografía de Rafa Castro.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac