Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo de inscrición para os expositores de Artesanía do Lázaro 2020
Aberto o prazo de inscrición para os expositores de Artesanía do Lázaro 2020 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Febreiro 2020 14:38

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Artesanía do Lázaro, que terá lugar os días 27, 28 e 29 de marzo na Praza da Mercé. Todas as candidaturas deberán ser formalizadas antes do 4 de marzo de 2020.



Horario de Funcionamento:

Venres, 27 de marzo en horario de 18:00 a 21:00 horas.

Sábado, 28 de marzo en horario de 10:30 a 14.00h e de 16:30 a 20:30 horas.

Domingo, 29 de marzo en horario de 10:30 a 14.00 e de 16:30 a 20:00 horas.

Peche do recinto feiral ao mediodía de 14:00h a 16:30 horas.


Candidaturas:

As candidaturas deberán ser formalizadas  antes do 4 de marzo do 2020.

A Folla de Inscrición  e os xustificantes bancarios entregaranse por un dos seguintes medios:

 

a) Na  Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín -no andar baixo da casa consistorial- (Praza do Concello s/n)

 

b) Por correo electrónico:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

As inscricións que se queiran realizar e están fóra de prazo deberán ser consultadas previamente coa organización para revisar a dispoñibilidade dos stands.

 

Por motivos de protección de datos de carácter persoal infórmase  aos participantes que coa súa asina na folla de inscrición, autorízanos expresamente a ceder os seus datos para ser incluídos nun ficheiro propiedade do Concello de Verín. Para a oposición, acceso, rectificación, cancelación dos mesmos realizarase na seguinte dirección:

 

Concello de Verín - Praza do Concello,  s/n 32600 Verín- Ourense.

A organización poderá rexeitar as candidaturas que non se atopen no ámbito do evento. A candidatura só será efectiva unha vez, que se sexa aceptada e confirmada a participación pola organización e realice o pagamento tras a inscrición previa, nun prazo máximo de cinco días hábiles. Deberase enviar o xustificante de pagamento a organización por calquera outra forma recollida previamente (en oficina, e-mail ou fax). Deberase enviar o xustificante de pagamento a organización por calquer medio recollido previamente.

 

Valor da inscrición:

 

Aluguer de postos (medidas únicas de 3x2m) 6m2 de espazo

 

70 € / por Stand

A cota de inscrición inclúe: stand, rótulo, iluminación e punto de luz

 

Formas de Pagamento:

 

? En efectivo (ingreso na sección de Tesourería do Concello de Verín – pranta baixa)

? Transferencia bancaria: nº de conta   ES70-0081-2224-97-0001005508 (BANCO SABADELL)

 

Importante indicar en CONCEPTO: FEIRA DO LÁZARO 2020 + Nome do Participante

Distribución, selección e Normas dos stands exteriores

 

A asignación e localización dos stands son responsabilidade da organización, en función das candidaturas seleccionadas, tipo de expositores e dispoñibilidade de espazos.

 

Terán prioridade a participación comarcal, a antigüedade na participación no evento, así como a posesión do carnét de artesán (por esa orden). Unha vez recibidas as candidaturas en prazo serán valoradas e seleccionadas segundo o espazo dispoñible.

 

As candidaturas seleccionadas e aceptadas serán informadas pola organización para que no prazo de

5 días hábiles poida o interesado realizar o pagamento da inscrición.

 

Será imprescindible para facer efectiva a candidatura realizar o pagamento en prazo e forma e envie o comprobante  de pago por calquera dos medios indicado arriba.

 

O montaxe e  decoración do espazo interno deberá ser realizadas ata ás 17:30 do venres día 27 de marzo.  A  desmontaxe  deberá  ser  realizado  ao  finalizar  a  feira  o  domingo.  É  obrigatorio  o cumprimento dos horarios de inicio e peche das feiras.

A decoración, limpeza e seguridade dos stands é de responsabilidade dos/das ocupantes.

 

Está prohibido expor materiais fóra dos espazos respectivos do propio stand, así coma calquera tipo de publicidade. Evitando entorpecer os corredores, debendo quedar libres en todo momento para non impedir a circulación libre dos/das visitantes.

 

A carga e descarga da mercadoría exposta nos stands deberá realizarse nas primeiras horas de apertura do pavillón e/ou últimas horas para evitar ocasionar molestias aos/ás visitantes nos corredores.

 

A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.

 

É obrigatoria a presenza dunha persoa no respectivo stand, A organización non se responsabiliza do prexuízo causado no interior dos stands. (roubos, destrozos, etc...)

 

O/A participante non pode ceder a calquera título, oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do stand.

 

As paredes dos stands son en melamina branca, polo cal está prohibido perforar as mesmas. Os stands de exterior dispoñen dunha persiana.

 

Os Produtos

O acondicionamento e o envoltorio dos produtos deberán ser realizados en embalaxes adecuados, limpos e de material inocuo.

 

Os expositores son responsables da calidade do produto vendido.

 

Consideracións Finais

 

Os/As participantes quedan obrigados/as a cumprir as normas de carga e descarga e limitacións de aparcamento que sexan definidas pola organización.

 

A sinatura da folla de inscrición implica a aceptación de tódalas cláusulas destas condicións de participación.

 

A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos  nos stands  durante o horario de funcionamento do evento.

 

A cancelación da participación por parte do expositor deberá ser presentada por escrito a organización solicitando a posibilidade de devolución do importe satisfeito.

 

A organización declina calquera responsabilidade ante o incumprimento das condicións de participación e se reserva o dereito de tomar as medidas oportunas en caso de incumprimento dalgunha das condicións de participación.

 

Seguridade

Haberá seguridade durante as dúas noites da feira así como ao mediodía.


As noites báixanse os automáticos da luz, polo cal, calquera información a maiores que deba estar en coñecemento da organización, rógase que se faga saber.


Datos de Contacto da organización do evento:

Para calquera aclaración adicional e información poderá contactar en:

 

CONCELLO DE VERÍN

Departamento: Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín

Persoa de contacto: Julia Morales Ojea

Teléfono: 988 41 00 00

Fax: 988 41 19 00

e-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


Descarga aquí a folla de inscrición.

 

 

 

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac