Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A muller, epicentro da terceira edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín
A muller, epicentro da terceira edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Febreiro 2020 12:40

Os vindeiros 27 e 28 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, en colaboración con SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega), converterán, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a terceira edición das “Xornadas de Novela Histórica”. Devandito evento foi presentado está mañá na Biblioteca polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, pola concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, e polos  responsables da Biblioteca de Verín e organizadores do evento, Aurora Prieto e Vicente Rodríguez,  quen nesta edición márcaronse como principal obxectivo visibilizar e por en valor o papel da muller ao longo da historia.

«A historia escribírona os homes na inmensa maioría e esqueceron ás mulleres , é unha materia todavía pendente, por eso este ano quixemos que elas foran as protagonistas nas III Xornadas de Novela Historia», explicou Aurora Prieto.

Un ano máis relatores e relatoras de primeiro nivel converterán a vila do Támega no epicentro da novela histórica «sendo unha cita eludible para todos os amantes de este xénero literario, é unha magnífica oportunidade de escoitar a autoras e autores que sempre están nas listas dos libros más leídos», explicou Emilia Somoza.

Segundo destacou Vicente Rodríguez, «nesta terceira edición contaremos presencia, entre outros, de escritoras e escritores de grande prestixio»  coma Luz Gabás,  autora de Palmeras en la nieveRegreso a tu piel; María Vila co seu libro La leyenda de las dos piratas, onde, nunha época gobernada por homes, dous mulleres rebélanse contra a vida que lles corresponde vivir en busca de liberdade; María Solar autora galega de Os nenos da variola, e As horas roubadasEva Díaz, que nos falará sobre como escribir novelas históricas dende a perspectiva feminina, e autora de El color de los ángeles. Finalista Premio Nadal 2008; ou Rosario Raro autora de Volver a Canfranc, onde a protagonista é unha muller valente, loitadora que arrisca a súa vida por os demais.

Haberá tamén unha interesante mesa redonda que, sen dúbida, non defraudará aos amantes da novela histórica, e que contará coa presenza Javier Sierra, José Calvo Poyato e José Luis Corral; e coma na pasada edición, os autores farán os seus correspondentes percorridos pola historia e a novela acompañados pola música do luthier e trobador, Emilio Arias.

Para finalizar, Gerardo Seoane quixo destacar a importante achega que supoñen devanditas  xornadas á axenda cultural da vila «como así o demostran o rotundo éxito de participación alcanzado na segunda edición con  case un milleiro de asistentes. Desde o grupo de goberno seguimos a traballar en converter a nosa vila nun referente a nivel cultural organizando eventos temáticos punteiros na súa materia e sempre de gran calidade».

 

+ info: http://www.novhis.bibliotecadeverin.es

 

Programa do Ciclo de Conferencias:

Auditorio Municipal de Verín

Venres 27 de marzo:

Mañá:

11:00h. Presentación

11:05h. Intervención musical de Emilio Arias.

11:10h. Rosario Raro, José Calvo Poyato e José Luís Corral: Seminario “Mulleres na historia” dirixido aos centros de ensino, 3º e 4º ESO.

12:15h. Intervención musical de Emilio Arias.

12:20h. Clausura mañá.

Tarde

19:30h. Intervención musical de Emilio Arias.

19:35h. Inauguración.

19:40h. Intervención musical de Emilio Arias

19:45h. Rosario Raro: “Da pegada dunha carta a Desaparecida en Siboney: mulleres protagonistas nas miñas novelas.”

20:20h. Intervención musical de Emilio Arias.

20:25h. Eva Díaz: “Escribir novelas históricas desde a perspectiva feminina”.

21:00h. Intervención musical de Emilio Arias.

21:05h. Clausura tarde e firma de libros.

Sábado 28 de marzo

12:00h. Intervención musical de Emilio Arias.

12:05h. María Vila: “Mulleres piratas no século XVI”.
12:40h. Intervención musical de Emilio Arias.
12:45h. José Luís Corral: “Mulleres da historia á novela: Tres mulleres na vida de Carlos de Austria”.
13:25h. Intervención musical de Emilio Arias.
13:30h. Clausura da mañá e firma de libros.

Tarde:
18:30h. Intervención musical de Emilio Arias
18:35h. “As damas nas novelas sobre o Santo Grial”, Mesa Redonda con Javier SierraJose Calvo Poyato, modera José Luís Corral.

19:30h. Intervención musical de Emilio Arias.

19:35h. María Solar: “Os nenos da viruela. A maior expedición filantrópica da historia da humanidade”.
20:10h. Intervención musical de Emilio Arias.
20:20h. Luz Gabás: “As mulleres nas miñas novelas: de Palmeras na neve ao latexado da terra”.
21:00h. Intervención musical de Emilio Arias.
21:05h. Clausura e firma de libros.

 

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac