Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Museo Claustro Mercedario e o IES Xesús Taboada Chivite unen forzas para colaborar no proxecto “O monte vivo”.
O Museo Claustro Mercedario e o IES Xesús Taboada Chivite unen forzas para colaborar no proxecto “O monte vivo”. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Febreiro 2020 11:57

O Museo Claustro Mercedario colabora co proxecto “ O monte vivo”, unha iniciativa baixo a cal se veñen organizando diferentes actividades co fin de poñer en valor a riqueza e importancia da flora e fauna dos montes da comarca de Monterrei. Parte do profesorado do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüistica do IES Xesús Taboada Chivite leva anos traballando neste proxecto que conta agora co apoio do Museo e do Concello de Verín.

Seguindo esta dirección, o vindeiro luns, 17 de febreiro, o alumnado do IES Xesús Taboada Chivite visitará as instalacións do Museo Claustro Mercedario de Verín para coñecer, grazas á exposición “Aves de Galicia”, a gran variedade de especies de paxaros que habitan na nosa comunidade. “Aves de Galicia” pretende, a través dunha serie de paneis interpretativos, recoller e amosar a variedade, morfoloxía e estudo das aves galegas.

 Verín, pola súa proximidade con Portugal e Castela, vese influenciado na fala por varios idiomas, o cal deriva nunha gran variedade de nomes para referirse a un mesmo animal. Hai  anos,  un grupo de alumnos e alumnas do IES Xesús Taboada Chivite levaron a cabo unha recolleita dos nomes locais das aves que habitan no noso entorno. Para isto, contaron coa colaboración de Xosé Manuel Reigada, experto ornitólogo.

 Agora, para culminar esta tarefa, ao remate da súa visita ao Museo de Verín, completarán os paneis da exposición cos nomes locais das aves que eles mesmos recolleron, aumentando así o seu valor interpretativo.

Seguindo con esta labor enfocada aos máis cativos, publicarase tamén unha serie de unidades didácticas  pensadas para axudar aos alumnos dos distintos centros da comarca a ser capaces de recoñecer, polo nome popular e científico, aqueles aves máis comúns na nosa contorna.

Parello a estas actividades, estanse a artellar unhas xornadas de plantación de árbores autóctonas nos montes da comarca que será financiada polo Concello de Verín. Con isto búscase insistir na concienciación contra os incendios forestais, á vez que se traballa na súa recuperación e mantemento. Dita iniciativa terá lugar o vindeiro 23 de marzo, logo doutra serie de actividades que se levarán a cabo na vila dentro do proxecto galego “Plantándolle cara ao lume”.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac