Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Actividades lúdico-deportivas 2008
Actividades lúdico-deportivas 2008 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 13 Xuño 2008 10:19

O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Verín programa para os próximos meses as seguintes actividades:

 

 


  • Escola de Verán: desenvolvemento de actividades deportivas e lúdicas que promoven a convivencia entre os nenos, para idades comprendidas entre os 4 e 15 anos.

    • Os horarios son de 10 a 13.30 horas (luns, mércores e venres) para grupos mixtos, e de 10 a 14 horas (martes e xoves) para grupos de fútbol-sala.

    • Os prezos para devanditas actividades, realizadas no Pavillón de Deportes e Piscinas Descubertas, son de 30 € para os socios e de 50 € para os non socios.

    • 175 prazas.


  • Excursións: organizadas co fin de disfrutar do medio acuático e das atraccións.

    • Dun día de duración e para nenos de 7 a 14 anos.

    • Os prezos son de 12 € para socios e de 15 € para non socios.

    • 45 prazas.

    • Aquapark de Cerceda (17 de xullo).

    • Bracalandia (5 de agosto).


  • Basket and English: cursos de baloncesto, impartidos polo xogador Willie Ladson, onde o único idioma será o inglés.

    • Martes e xoves, do 1 ó 20 de xullo e para nenos de primaria e secundaria.

    • Os prezos son de 25 € para socios e de 30 € para non socios.

    • 32 prazas (2 grupos de 16 nenos).


  • Campamento XogoCoruña: durante os días 22, 23 e 24 de xullo no albergue de Santa Cristina-Oleiros, os nenos entre con idades comprendidas entre os 9 e 14 anos poderán visitar a praia, Casa das Ciencias, Domus, Aquarium ou Torre de Hércules, entre outros lugares.

    • Os prezos son de 60 € para socios e de 66 € para os non socios.

    • 30 prazas.


  • Campamento LudoMadrid: durante os días 19, 20 e 21 de agosto no albergue Richard Schirrmann na Casa de Campo, para nenos entre con idades comprendidas entre os 9 e 14.

    • Os prezos son de 75 € para socios e de 82 € para os non socios.

    • 30 prazas.


Ademais, entre o 11 e 15 de agosto terá lugar a Semana de Deporte na Rúa e o 26 de setembro a Carreira Escolar Popular.


As inscricións realizaránse na Piscina Climatizada a partir do 17 de xuño.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac