Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Proxecto de Vínculos Solidarios Verín – Nicaragua
Proxecto de Vínculos Solidarios Verín – Nicaragua PDF Imprimir Correo-e
Venres, 25 Setembro 2009 15:40

O vindeiro luns, 28 de setembro, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Verín, a partir das 18 horas, unha videoconferencia entre os escolares de Verín e os de Mosonte en Nicaragua. Unha actividade que xurde a partires da visita no pasado mes de maio das compañeiras da fundación nicaragüense FUNDEMUNDI (Fundación para la promoción y desarrollo de las mujeres y la niñez) á sede de FEMURO (Federación de Mulleres Rurais de Ourense), en Verín, e as instalacións da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.

Este proxecto de Vínculos Solidarios que pretende establecer lazos de unión entre Galicia e Nicaragua a partir do traballo coas asociacións de mulleres, xurdiu xa hai máis de cinco anos. Cúmprense agora dous anos desde que a Federación de Mulleres Rurais de Ourense visitara a sede coa que agora se vai conectar “virtualmente”. O obxectivo deste proxecto é sensibilizar á poboación galega coa realidade dos países empobrecidos cos que traballa a Fundación Axuda en Acción nos que o papel das mulleres cobra un especial protagonismo.

O proxecto está coordinado pola Delegación Galicia de Axuda en Acción e contou coa colaboración da Cooperación Galega da Xunta de Galicia e a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac