Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo
Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Setembro 2009 12:05

O Concello de Verín pon en funcionamento, a partir de 5 de outubro e en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, un programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo, a través das seguintes modalidades:

- Érguete, destinado á apertura das instalacións escolares fóra do horario escolar, polas mañás (unha hora antes de que se inicien as clases), co fin de conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores. Os centros que participan son CEIP Princesa de España, CEP Amaro Refoxo e Educación Infantil Amaro Refoxo.

- Tempos de comedor, no CEIP Princesa de España, entre ás 14.30 e 15.30 horas, no que se realizarán actividades socioeducativas despois do servizo de comedor.

- Obradoiro de expresión e comprensión, destinado ao aprendizaxe do inglés, no IES Castro de Baroncelli, todos os luns de 14.30 a 15.30 horas.

Para máis información e inscrición deben dirixirse á oficina de Educación Familiar, situada na Casa da Xuventude, ou no propio centro escolar do alumno/a.


 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac