Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Mellor tapa” e “Tapeiro Maior 2009” na ruta gastronómica de Verín
“Mellor tapa” e “Tapeiro Maior 2009” na ruta gastronómica de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 29 Setembro 2009 12:21

Chocos na súa tinta do establecemento O Castelo foi elixida como a “Mellor Tapa 2009” da segunda edición da ruta gastronómica “Un río de tapas” de Verín, que tivo lugar durante todo o mes de agosto.

O xurado conformado polo presidente da Asociación de Empresarios da Comarca de Monterrei (AECOM), Francisco Pérez Salgado, o director do Parador de Verín, Héctor Fernández González e o “Tapeiro Maior 2009”, José Antonio Lorenzo Pousada, outorgaron esta distinción a Chocos na súa tinta, logo de considerala como “a tapa máis orixinal, exquisita e a de mellor relación calidade-prezo do concurso”, e cuxo premio consta dun fin de semana para dúas persoas nun aloxamento de turismo rural, concedido por AEVER.

Respecto ao premio de “Tapeiro Maior 2009” recaeu en José Antonio Lorenzo Pousada, que tras conseguir encher todos os selos do “pasaporte” da ruta e entrar nun sorteo, realizado ante a secretario do Concello de Verín, obtivo este título e unha cea para dúas persoas nun dos establecementos participantes.

Nesta ruta, organizada polo Concello de Verín en colaboración con AECOM, participaron un total de 12 establecementos que ofertaron 17 tapas.



 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac