Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Concurso para a creación do “CHAVÍN”, a Mascota da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 04 Decembro 2009 13:38

Os Concellos de Chaves e Verín organizan un concurso para deseñar a mascota da Eurocidade: ‘Chavín’, que será utilizada en todas as actividades deportivas, educativas e culturais que se realicen nos dous municipios.

As bases para participar no Concurso son as seguintes:

1º.- Destinatarios
O Concurso está destinado aos colexios de primaria e secundaria da Eurocidade Chaves-Verín

2º.- Tema
O tema do concurso é libre e ten como obxectivo a creación dunha mascota, que representará á Eurocidade Chaves-Verín.

3º.- Tipo de traballos
Os traballos deberán ser colectivos e realizados en calquera tipo de material.

4º.- Número e formato dos Traballos
Cada escola poderá participar cun traballo. Todos os traballos deberán ter as dimensións máximas de 40x75 cm.

5º.- Ciclos que poderán participar
a) Primaria
b) ESO/Secundaria

6º.- Identificación dos traballos
Os traballos deberán estar debidamente identificados, co nome do colexio, ciclo ao que  pertence, teléfono de contacto e persoa responsable.

7º.- Prazo de entrega

Os traballos deberán entregarse antes do 26 de marzo de 2010, no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade -Concello de Verín (Praza do Concello, 1- Verín) e no Centro de Recursos Educativos de Chaves -Centro Cultural de Chaves-. Cando se faga entrega do traballo, deberá encherse unha ficha de inscrición para achegar co traballo.

8º.- Xurado
O xurado será constituído polas seguintes persoas:
- Representante do Gabinete da Eurocidade Chaves-Verín
- Representante dos Colexios de Chaves
- Representante dos Colexios de Verín
- Representante da Cámara de Chaves e Concello de Verín

9º.- Premios
O traballo vencedor recibirá un ordenador e o primeiro exemplar da mascota. Todos os participantes recibirán un certificado de participación. A maqueta da mascota vencedora será adaptada a un modelo en 3D, podendo sufrir modificacións finais en canto a cores e material.

10º.- Utilización dos Traballos
Logo da avaliación dos traballos e entrega de premios os traballos pasan a ser propiedade da Eurocidade. A Eurocidade poderá expor ditos traballos en Exposicións e Feiras nas que participe, e sempre que o estime oportuno.

11º.- Resultados
Os resultados do concurso serán publicados na Axenda cultural da Eurocidade correspondente ao mes de maio de 2010, indicándose igualmente o lugar e data da exposición de todos os traballos que terá lugar nos meses de maio e xuño no Câmara Municipal de Chaves e no Concello de Verín.

12º.- Decisións do Xurado
Todas as propostas deberán cumprir o procedemento indicado, en caso contrario serán eliminados do concurso. As decisións do xurado non poderán ser obxecto de recurso.