Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Constitución da Asociación Ruta do Viño Monterrei
Constitución da Asociación Ruta do Viño Monterrei PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Decembro 2009 12:14

O presidente da Denominación de Orixe Monterrei, Antonio Ángel Méndez Atanes, e o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, compareceron esta mañá en rolda de prensa para presentar a Asociación Ruta do Viño Monterrei, conformada por representantes do sector público, enolóxico, agroalimentario, turístico e de ocio da comarca de Verín.

Esta nova asociación, que ten como ámbito de actuación o territorio ocupado pola Denominación de Orixe Monterrei, está conformada por os seguintes socios: as adegas Crego e Monaguillo, Gargalo, Abeledos, Ladairo, Vía Arxentea, Pazo de Valdeconde, Bóo Rivero, Pazos del Rey, Chicheno, Madrevella, Viña Lara, Tapias de Maríñán e Quinta do Buble; así como polo Parador de Turismo de Verín, Casa Turismo Rural ‘O Retiro do Conde’, Asociación de Empresarios de Hostelería Conso-Frieiras, Asociación de Empresarios de Verín (Aever), Asociación de Empresarios de Hostelería da Comarca de Monterrei (Aecom), Restaurante Brasil, Restaurante Lugano, Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e Concello de Verín.

Os obxectivos principais desta asociación son a promoción das adegas e os viños da denominación, pulo do mundo do viño, enoloxía e enoturismo, promoción económica e turística, implementación das actividades destinadas a mellorar a oferta cultura, ambiental, deportiva e gastronómica, e integración nas estruturas de turismo rural de carácter rexional e nacional, folletos turísticos, rutas de sendeirismo e a colaboración en festas. No acto de constitución da Asociación Ruta do Viño de Monterrei, os socios aprobaron a creación do Ente Xestor e os estatutos da mesma, e acordaron convocar un concurso público para o deseño do logotipo que identifique a esta nova ruta do viño en Galicia.

 
Ofertas de Emprego





Guía da Comarca de Verín