Home Cidade Novas Xunta Local de Seguridade
Xunta Local de Seguridade PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Febreiro 2010 13:08

O Concello de Verín acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Camilo Isaac Ocampo Gómez, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e na que participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

En devandita sesión mostráronse os resultados referentes á materia de seguridade cidadá no municipio de Verín, onde o número de ilícitos penais foi de 316 no ano 2009, “o que supón un 15% menos que no ano anterior”, segundo recoñece o subdelegado de Goberno, e o porcentaxe de esclarecemento de delitos sitúase en torno ao 70%, ascendendo a 80 por cento nos delitos relacionados con persoas. Con todo, incrementou o número de roubos con intimidación, “aínda que o esclarecemento destes casos é case total, o que revela unha total coordinación entre a Garda Civil, Policía Local e Policía Nacional”, puntualizou Ocampo Gómez.

Doutra banda, durante a Xunta Local de Seguridade valorouse a situación en materia de violencia de xénero, coa existencia de 26 casos, 19 deles con medidas de protección. Ademais, analizouse un Plan Director do Ministerio de Interior e de Educación para centros educativos, que naceu de modo experimental fai dous anos para que os alumnos dos centros educativos recibisen información en materia de seguridade cidadá -impartida por membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado-. “Sería interesante que o Concello de Verín, a través dos seus representantes nos Consellos Escolares, impulsará a realización de cursos neste ámbito”, indicou o subdelegado. Para concluír, anunciouse que o Concello de Verín solicitou a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza un permiso para ampliar o horario de todos os pubs e bares de Verín durante os días do Entroido. Esta ampliación sería de dúas horas máis con respecto a súa hora de peche habitual -especificada de modo individual en cada unha das licencias de apertura-.

 

Oficina Virtual do Concello de Verin

A un click