|
PISCINA CLIMATIZADA
ACTIVIDADES 
|
NATACIÓN PRECOZ PARA BEBES O ensino precoz da natación non pretende outra cousa que habituar ao bebé desde que nace, a estar en contacto coa auga, ensinándolle a gozar dela, adiantando considerablemente a súa habilidade motriz acuática e reforzando a súa personalidade e a súa independencia.
| AQUAGYM Trátase dunha variante aeróbica dentro do medio acuático. É unha actividade cun amplo abanico de beneficios (activa a circulación sanguínea, corrección posicional, traballo da musculatura, mellora cardiovascular, a respiración, flexibilidade e resistencia, cun aumento da relaxación). | 
| 
| NATACIÓN ADULTOS O programa de natación para adultos esta orientado a aquelas persoas que queren aprender a nadar ou ben perfeccionar os estilos que xa coñecen e aprender outros novos. Trabállase en tres niveles de aprendizaxe, estes son o de iniciación, o de perfeccionamento I e o de perfeccionamento II, segundo o grao de dominio do medio acuático do alumno/a. | NATACIÓN INFANTIL É unha actividade que está orientada a todos os nenos/as que con idades comprendidas entre os 6 e 16 anos, independentes do seu grao de dominio do medio acuático. Establécense niveis nos que se agrupa aos nenos/as segundo as súas capacidades iniciais. Os obxectivos utilitario e educativo son os que teñen prioridade. O obxectivo utilitario busca ensinar ao neno/a a nadar, primeiro para poder sobrevivir neste medio e despois para mellorar o seu estilo e o obxectivo educativo pretende achegar uns valores a nivel de conduta e actitude de gran valía na vida cotiá. | 
| NATACIÓN TERAPEÚTICA É unha actividade orientada a todas aquelas persoas que sufran algún tipo de desviación da columna vertebral, é dicir, escoliosis, hiperlordosis ou hipercifosis, así como para aquelas que padezan enfermidades e lesións que adoitan aparecer na etapa adulta, tal e como son a artrose, a osteoporose, a artrite reumatoidea, a espondilitis anquilosante e as enfermidades coronarias, entre outras. Trabállase en base á natación adaptada ás distintas lesións e doenzas e a ximnasia aplicada na auga. Todo iso aproveitando as vantaxes que a auga ofrece desde o punto de vista de diminución do peso corporal e como elemento facilitador dos movementos. | MATRONATACIÓN É unha actividade orientada ás mulleres que se atopan en período de xestación ou tras dar a luz. A matronatación engloba a natación pre e post parto, nas que se traballa en base a tres conceptos básicos, como son a respiración e relaxación na auga, a ximnasia, tamén realizada na auga e a natación. A actividade pre-parto iníciase en terceiro mes de embarazo e prolóngase até o oitavo. A natación post-parto iníciase tras o terceiro mes de dar a luz e prolóngase até o sexto. |
| SPINNING Sesión de bicicleta estática nun ambiente agradable para levar a cabo o adestramento, para isto utilizan diferentes tipos de músicas acordes aos movementos a realizar na bicicleta. | 
| 
| XIMNASIA DE MANTEMENTO Superado o reto de alcanzar o estado físico ideal, o gran desafío é manterse en forma, algo que só lograrás a partir dunha rutina de ximnasia, baseada en exercicios físicos de mantemento. | AERÓBIC - STEP Exercicios a base de coreografías ao ritmo da música que axudan a aumentar a capacidade cardiovascular. | AERO - TONO Combinación de exercicios aeróbicos con exercicios de tonificación. | AERO - TRAINER Ten como obxectivo a mellora aeróbica e desgaste calórico tendo en conta as características iniciais da persoa. Para iso poderá gozar de diferentes métodos e técnicas coñecidas (aeróbic, circuítos, batuka, ritmos latinos….). | BODY - WOMAN Exercicios de tonificación que nos axudan a moldear o corpo. | PILATES Traballa dende os músculos máis profundos até os máis superficiais, movementos lentos con moita precisión, controlando moi ben a posición corporal e a respiración.
|
|