Home Servizos Sociais Novas da Oficina da Muller A obra ‘Buscando a Hilary’ de Blanca Marsillach en Verín
A obra ‘Buscando a Hilary’ de Blanca Marsillach en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 01 Marzo 2010 08:19

A Casa da Cultura de Verín acollerá o vindeiro xoves 11 de marzo, ás 18.30 horas, a representación da obra Buscando a Hilary, incluída no programa para mulleres da compañía de teatro de Blanca Marsillach.

Esta representación forma parte das actividades previstas para o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, organizadas pola Secretaría Xeral da Igualdade, coa colaboración da Fundación Caixa Galicia, e que se enmarca dentro do “Programa para a Muller” creado por Blanca Marsillach para difundir os beneficios do teatro a un grupo específico de persoas: as mulleres.

A obra Buscando a Hilary, escrita por Elise Varela e interpretada por Blanca Marsillach, Fran Sariego e Miguel Foronda percorrerá sete cidades galegas (Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Verín, Ortigueira, Ribadumia e Vilalba) dende o 8 ata o 15 de marzo.

O programa da mesma divídese en tres partes. Na primeira, Blanca Marsillach efectúa unha pequena introdución sobre a autora da obra e narra a súas experiencias como muller dentro duna industria “primordialmente machista”. Con posterioridade, realízase a representación da obra que amosa unha historia sobre unha muller que afronta os conflitos e loita por mudar. E para finalizar, os actores permanecen no escenario para responder as preguntas realizadas polo público.


 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59