Home Servizos Sociais Novas da Oficina da Muller Proxección de curtas ‘O cinema delas’
Proxección de curtas ‘O cinema delas’ PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Marzo 2010 12:37

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Verín (CIM), en colaboración co Banco do Tempo e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), organizan mañá, 10 de marzo, e o venres 12 de marzo a sesión de proxección de curtas ‘O cinema delas’.

Esta iniciativa, enmarcada dentro das actividades previstas con motivo do Día Internacional das Mulleres, terá lugar na sala multimedia do Centro de Interpretación Museística da Casa da Xuventude a partir das 16.30 horas -ambos días-. Con posterioridade, analizaranse os filmes vistos e programarase un debate moderado pola directora do CIM.

Os curtas que se proxectarán son: Frames (Beatriz Carretero e Alicia Medina -Madrid 2009-), Premio (Eva Quintás -Galicia 2006-), 1977 (Peque Varela -Galicia 2008-), Miente (Isabel de Ocampo -Madrid 2007-), Usted no se adecua al perfil (Olivia Nóvoa -Galicia 2005-) e No se preocupe (Eva Ungría -Madrid 2008-).

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59