Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Taxas ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS NAS PISCINAS MUNICIPAIS.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVICIOS NAS PISCINAS MUNICIPAIS. PDF Imprimir Correo-e

 

 

Artigo 1º.- Fundamento e natureza.

 

En uso das facultades que conceden os artigos 133.2 e 142 da Constitución e o artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co que dispoñen os arts. 15 ó 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servicios nas piscinas municipais, que se rexerá pola presente ordenanza, atendendo as súas normas ó que prevé o art.58 en relación co artigo 20.4 o), ambos da Lei 39/88, de acordo coa modificación que establece a Lei 25/98, do 13 de xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais e de carácter público.

 

Artigo 2º.- Feito impoñible.

 

1.- Constitúe o feito impoñible deste tributo, a utilización das piscinas de titularidade municipal.

 

Artigo 3º.- Obriga de contribuír.

 

A obriga de contribuír nacerá dende que a utilización se inicie mediante a entrada, logo do pagamento da taxa.

 

Artigo 4º.- Suxeitos pasivos.

 

Son suxeitos pasivos e obrigados ó pagamento da taxa que regula esta ordenanza as persoas que utilicen os seguintes servicios municipais:

 

- Piscinas descubertas de verán.

- Piscina cuberta climatizada.

 

Artigo 5º.- Base impoñible e liquidable.

 

A base da taxa que regula esta ordenanza, constitúea a entrada nos distintos recintos en que se prestan os servicios municipais e o número de horas ou fraccións de utilización de ditos servicios.

 

Artigo 6º.- Cota tributaria.

 

1.- A contía da taxa que regula esta ordenanza será a que se fixa na tarifa seguinte:

 

A).- Utilización piscinas descubertas:

 

A.1.- Non abonados: cada entrada

Persoas adultas (máis de 14 anos)200 ptas/persoa
Nenos (menores de 14 anos)100 ptas/persoa

A.2.- Abonados:

TIPO DE ABONADO DURACIÓN DO ABONO IMPORTE/PTAS
Adulto (máis de 14 anos)mensual 3.000 ptas
Neno (menor de 14 anos)mensual 1.500 ptas
Adulto (máis de 14 anos)tempada7.000 ptas
Neno (menor de 14 anos)tempada3.500 ptas

 

O pagamento do abono mensual, realizarase na Tesoureria do Concello ou nas propias instalacións, antes do primeiro día do mes en que vaia xurdir efectos.

O pagamento do abono de tempada, realizarase na Tesoureria do Concello ou nas propias instalacións, dende o día 1 ata o día 30 de xuño.

 

- Os abonos mensuais considéranse dende o 15 de xuño ó 15 de xullo, o 15 de xullo ó 15 de agosto e dende o 15 de agosto ó 15 de setembro.

- Os abonados de tempada considéranse dendo o 15 de xuño ata o 15 de setembro.

 

 

B).- Utilización piscina cuberta climatizada.

 

B.1.- Acreditacións:

TIPO DE ACREDITACIÓN DURACIÓN DO ABONO IMPORTE
Individual Mensual 2.900 ptas
Familiar 2 compoñentes Mensual 4.650 ptas
Familiar 3 compoñentes Mensual5.000 ptas
Familiar máis de 3 compoñentes Mensual5.200 ptas

Os abonados teñen dereito a utilizar a piscina en calquera horario e día, e, por "abonado familiar" enténdense o matrimonio ou parella de feito (coa documentación que corresponda) e/ou seus fillos (menores de 18 anos).

 

B.2.- Cursos para abonados:

 

TIPO DE CURSOS NÚMERO DE DÍASIMPORTE
Escola de natación bebés (0 a 3 anos)1/semana 0 ptas
 2/semana500 ptas
Escola de natación nenos (4 a 16 anos)1/semana0 ptas
 2/semana650 ptas
 3/semana1.050 ptas
Escola de natación (de 17 a 60 anos)1/semana0 ptas
 2/semana850 ptas
 3/semana1.250 ptas
Escola de natación 3ª idade (máis de 60 anos)1/semana0 ptas
 2/semana500 ptas
 3/semana900 ptas

 

 

Para tódolos abonados e cursos o pagamento das tarifas terá lugar por meses adiantados.

 

 

B.3.- Baño libre:

TIPODURACIÓNIMPORTE
Baño libre infantil diario (0-18 anos)45 min.225 ptas
Baño libre infantil fin de semana1 hora300 ptas
Baño libre adulto (máis de 18 anos)45 min325 ptas
Baño libre adulto fin de semana1 hora375 ptas

 

O pagamento das tarifas por baño libre terá lugar no momento de recoller a entrada no despacho de billetes.

 

 

B.4.- Cursos para non abonados.

 

TIPO DE CURSOSNUMERO DE DIASIMPORTE
Escola de natación nenos (0 a 3 anos)1/semana1.700 ptas
 2/semana2.500 ptas
Escola de natación nenos (4 a 16 anos)1/semana1.000 ptas
 2/semana1.700 ptas
 3/semana2.350 ptas
Escola de natación (17 a 60 anos)1/semana1.700 ptas
 2/semana2.800 ptas
 3/semana3.500 ptas
Escola de natación 3ª idade (máis de 60 anos)1/semana1.500 ptas
 2/semana2.400 ptas
 3/semana3.200 ptas

 

 

 

Os pagamentos dos abonados ou de cursos(tanto de abonados coma de non abonados) poderán realizalos por trimestres adiantados e, os suxeitos pasivos neste caso, obterán unha reducción do 10% do importe total.

Tódolos usuarios (abonados e cursos), satisfarán unha matrícula anual de 1 000 ptas.

 

Artigo 7º.- Obriga de pagamento.

 

1.- A obriga do pagamento da taxa que regula esta ordenanza, nace dende que se presta ou realiza calquera dos servicios que se especifican no artigo 2 desta ordenanza.

 

2.- O pagamento da taxa realizarase no momento de entrar nos recintos ós que anteriormente se fixo referencia, salvo para as excepcións (abonos e matrículas), que se contemplan na utilización das piscinas decubertas e na piscina cuberta climatizada.

 

Artigo 8º.- Infraccións e sancións tributarias.

 

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do que prevé esta ordenanza, estarase ó que dispoñen os arts. 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.

 

DIPOSICION DERRADEIRA

 

O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior sendo aprobado polo Pleno en sesión de data 29-03-2001 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

 

O alcalde O secretario

 

 

 

 

DILIXENCIA: póñoa eu, o secretario, para facer constar que o texto íntegro da presente Ordenanza publicouse no BOP nº 134 de data 13.6.2001

Verín, 11 de xullo de 2001

O secretario