Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Taxas ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ENTRADAS DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS E RESERVA DA VÍA PÚBLICA PARA APARCADOIRO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCADURÍAS DE CALQUERA CLASE.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ENTRADAS DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS E RESERVA DA VÍA PÚBLICA PARA APARCADOIRO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCADURÍAS DE CALQUERA CLASE. PDF Imprimir Correo-e

.

 

Artigo 1º.- Fundamento e natureza.

 

1.- De conformidade co que prevé o artigo 58 en relación co artigo 20.3 h), ambos da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais,segundo a modificación que establece o artigo 66 da Lei 25/1998, do 13 de xullo, modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais e de carácter público, este concello establece a taxa polas utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais do dominio público local por "entrada de vehículos a través das beirarrúas e reserva da vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase" que se regulará pola presente ordenanza, que se redactou conforme ó que dispón o artigo 16 da devandita Lei 39/88.

 

2.- Será obxeto deste tributo:

 

a) A entrada ou paso de vehículos e carruaxes nos edificios e terreos.

 

b) A reserva de espacio nas vías e terreos de uso público para carga e descarga de mercadorías á solicitude de entidades, empresas e particulares.

 

Artigo 2º.- Feito impoñible.

 

Constitúeo a realización sobre a vía ou terreo de uso público de calquera dos aproveitamentos que se enumeran no artigo 1º desta ordenanza, e a obriga de contribuír nace dende o momento en que se inicie o aproveitamento.

 

Artigo 3º.- Obriga de contribuír.

 

O tributo considerarase remunerado ó inciarse algún dos aproveitamentos obxecto desta ordenanza, e anualmente, o primeiro de xaneiro de cada ano.

 

Artigo 4º.- Suxeitos pasivos.

 

Están solidariamente obrigados ó pagamento, en concepto de contribuíntes:

 

a) As persoas naturais ou xurídicas titulares da respectiva licencia municipal.

 

b) Os propietarios dos inmobles onde se establecen as entradas ou pasos de carruaxes.

 

c) As empresas, entidades ou particulares beneficiarios dos aproveitamentos que se enumeran no apartado b) do art.1º desta ordenanza.

 

Artigo 5º.- Base impoñible e liquidable.

 

Tomarase como base impoñible do presente tributo, a lonxitude en metros lineais da entrada ou paso de carruaxes, así coma o número de vehículos e no suposto de ocupación coa limitación de días e horas, a parte proporcional do tempo que se autoriza.

 

Artigo 6º.- Categoría das rúas.

 

1.- Para os efectos que se prevé para a aplicación do apartado D) da tarifa, as vías públicas deste municipio clasifícanse en catro categorías.

 

2.- Anexo a esta ordenanza figura un índice alfabético das vías públicas deste municipio con expresión da categoría que corresponde a cada unha delas.

 

Artigo 7º.- Cota tributaria.

 

1.- A contía da taxa que regula esta ordenanza será a que se fixa na tarifa seguinte:

 

CONCEPTOSCATEGORIA RUAS UNIDADE PTAS/ANO
1.Por entrada de 1 a 5 sen pasaxe permanente ou rebaixe de bordometro lineal ou fracción 1.440
 metro lineal ou fracción 913
 metro lineal ou fracción377
 metro lineal ou fracción 158
2. Por entrada de 1 a 5 con pasaxe permanente ou rebaixe de bordometro lineal ou fracción2.400
 metro lineal ou fracción 1.342
 metro lineal ou fracción630
 metro lineal ou fracción263

3. Pola entrada de máis de 5 vehículos, aplicaranse as anteriores tarifas multiplicada polo coeficiente que resulte de dividir o número de vehículos entre 5

   

4. Por autorización de carga e descarga. Para a ocupación con limitación de días e horas, a cota será na proporción do tempo que se autoriza en relación ós días laborais do ano

metro lineal ou fracción1.922
 metro lineal ou fracción1.074
 metro lineal ou fracción505
 metro lineal ou fracción210
5. Por cada placa de pasaxe permanente, que o suxeito terá a obriga de adquirir no Concello, fixarase a cantidade de 3.900 ptas.   

 

 

 

 

Artigo 8º.- Normas comúns para a aplicación das tarifas.

 

1.- Considerarase modificación da rasante da beirarrúa todo o que supoña alteración da liña de rasante, ben sexa na totalidade do plano superior ou na arista exterior de dita beirarrúa, comprendéndose para os efectos os regos, vaos, desniveis, rebaixas de altura, escotes, substitucións da liña horizontal por oblicúa e, en suma, toda modificación do aspecto exterior do aceirado.

 

2.- A taxa aplicarase tanto á modificación de rasante das beirarrúas que construíra o concello coma se se tratase de beirarrúas que construíran os particulares,toda vez que o pagamento deste aproveitamento motívao a molestia que ó transeúnte ocasiona dita modificación da rasante e polo beneficio que obtén o usuario. Polo tanto, tamén procederá a aplicación da taxa, aun cando a rúa careza de beirarrúa, se a rasante se modificou na parte correspondente a unha porta cocheira.

 

Artigo 9º.- Normas de xestión.

 

1.- As persoas naturais ou xurídicas interesadas na concesión dos aproveitamentos que regula esta ordenanza, presentarán no concello solicitude detallada da extensión e carácter do aproveitamento que se require.

 

2.- Tamén presentarán a oportuna declaración en caso de alteración ou baixa dos aproveitamentos que xa se concederan dende que o feito se produza ata o último día do mes natural seguinte ó que tal feito tivo lugar. Quen imcumpra tal obriga seguirá obrigado ó pagamento do tributo. Tales declaracións xurdirán efecto a partir do primeiro día do ano natural seguinte a aquel en que se formulen.

 

3.- Os titulares das licencias proveranse das placas regulamentarias que facilitará o concello, logo do pagamento do importe que estipule a tarifa.

 

4.- Con ingualdade, os titulares da reserva a que fai referencia o epígrafe 4, proveranse das placas oportunas, nas que constará o tempo de emprego.

 

5.- A falta de instalación das placas, ou o emprego doutras distintas ás regulamentarias,impedirá ós titulares das licencias o exercicio do seu dereito ó aproveitamento.

 

Artigo 10º.- Responsables.

 

1.- Responderán con solidariedade das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

 

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

 

Artigo 11º.- Prazos e forma de declaración e ingresos.

 

1.- Anualmente formarase un padrón no que figurarán os contribuíntes afectados e as cotas correspondentes, que se exporá ó público para os efectos de reclamacións. Logo de que transcorra dito prazo, o concello resolverá as reclamacións e aprobará definitivamente dito padrón, que servirá de base para os documentos cobratorios correspondentes.

 

2.- O tributo recadarase anualmente nos prazos que se sinalen para o efecto para os tributos de notificación colectiva e periódica.

 

3.- O importe correspondente ás placas de pasaxe permanente que facilite o concello, aboarase directamente na Tesourería Municipal, unha vez que o suxeito pasivo obteña a correspondente licencia.

 

 

Artigo 12º.- Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.

 

Non se recoñece ningún beneficio tributario,salvo os que sexan consecuencia do que establecen os tratados ou acordos internacionais ou os que prevén as normas con rango de lei.

 

Artigo 13º.- Infraccións e sancións tributarias.

 

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do que prevé esta ordenanza, estarase ó que dispoñen os arts. 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.

 

DISPOSICION DERRADEIRA

 

O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ó da anterior que aprobou o Pleno en sesión de data 25.11.1999 e entrará en vigor e será de aplicación ó día seguinte da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.

 

ANEXO

INDICE ALFABÉTICO DE VIAS PÚBLICAS
NÚMERO DE ORDE NOME DA RUA CATEGORIA
1

ADUANA, RUA

2ALAMEDA, RUA
3ALAMEDA, PR.
4AMARO REFOXO, RUA
5CONCELLO, TRAV.
6CABREIROÁ, ESTR.
7CAIXA DE AFORROS, RUA
8CAMPO DA FEIRA
9CANELLA CEGA, RÚA
10CASTELAO, RUA
11CASTELAO, AVDA.
12COLON, RUA
13CONCEPCION ARENAL, RUA
14COSTITUCIÓN, RUA
15CORREOS, RUA
16COUTOS, OS, CÑO
17CRUZ, RUA
18CUARTEL, RUA
19COSTA, RUA
20CURROS ENRIQUEZ, RUA
21DEPUTACION, RUA
22EDUARDO PONDAL, RUA
23ELLE, RUA
24ELLE, TRAV.
25ELOI LUIS ANDRE, RUA
26ESPIDO, RUA
27ESPIDO, TRAV.
28FLORES, RUA
29FONTE DO SAPO
30FONTENOVA, CÑO.
31FOXO, O, RUA
32GALICIA, RUA
33

GARCIA BARBON, PR

34GRANXA, CÑO
35IRMANS FDEZ. ALVAREZ, RUA
36IRMANS MORENO, RUA
37JUAN GUERRA VALDES, RUA
38JUAN GUERRA VALDES, TRAV
39REMEDIOS, RUA
40LAMAS CARVAJAL, RUA
41LAUREANO PELAEZ, RUA
42LAZA, ESTR (ATA CÑO. RASELA)
43LAZA, ESTR. (ATA O FINAL)
44LISA, RUA
45LUIS ESPADA, AVDA
46LADAIRO, RUA
47MARBANA, RUA
48MARIANO CARRERO, RUA
49MAIOR, RUA
50MATADOIRO, RUA
51MATADOIRO-ELLE
52MERCADO COMARCAL, RUA
53MERCADO COMARCAL, ACCESO NORTE
54MERCADO COMARCAL ACCESO OESTE
55MERCED, RUA
56MERCED, PRAZA
57MONTEMAIOR, RUA
58MURALLA, RUA
59NORIA, RUA
60OLIVAR, RUA
61OURENSE, RUA
62OUTEIRO, RUA
63OTERO PEDRAIO, RUA
64PEDRO GONZALEZ, RUA
65POLIDEPORTIVO, RUA
66PORTUGAL, AVENIDA (ATA ADUANA)
67PORTUGAL, AVENIDA (ATA O FINAL)
68POZO, RUA
69QUEIZÁS, CÑO (ZONA URBANA)
70QUEIZÁS, CÑA (RESTO)
71RASELA, CÑO (ZONA URBANA)
72RASELA, CÑO (RESTO)
73RIO DO, CÑO
74RIO BUBAL, RUA
75RIO CAMBA, RUA
76RIO TAMEGA, RUA
77RIO MENTE, RUA
78ROSALIA DE CASTRO, RUA
79SANTAMARINA XOSÉ, RUA
80SAN ANTON, RUA
81SAN ANTON, TRAV.
82SAN BLAS, RUA
83SAN FELIX, RUA
84SAN GREGORIO, RUA
85SAN LAZARO, AVDA.
86SAN LAZARO, CANELLON
87SAN PEDRO, RUA
88SAN ROQUE, RUA
89SAN ROSENDO, RUA
90SANTIAGO APOSTOL, RUA
91SANTIAGO RODRIGUEZ, RUA
92SOUSAS, AVDA.
93SOUSAS, TRAV.
94SILVIO SANTIAGO, RUA
95SUBIDA A MONTERREI, RUA
96TRAVIESA, RUA
97VENCES, ESTR.
98VEIGA, TRAV.
99VICENTE RISCO, RUA
100VELLO DE SOUSA, CÑO.
101VELLO DE FONTENOVA, CÑO.
102VIRIATO, RUA
103RESTO R/ VERIN, TERREO URBANO
104R/ DE FECES DE ABAIXO, TERREO URBANO

105R/ DE PAZOS, TERREO URBANO
106

RESTO DE RUAS NÚCLEOS DO MUNICIPIO

TERREO URBANO

 

 

 

O promedio do valor do mercado da utilidade que se deriva pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, de acordo co informe do aparellador municipal, é o seguinte:

 

Rúas de 1ª categoría78.800 ptas
Rúas de 2ª categoría48.650 ptas
Rúas de 3ª categoría51.250 ptas
Rúas de 4ª categoría21.600 ptas

 

O alcalde O secretario

 

 

 

 

 

 

 

 

DILIXENCIA:

 

 

Para facer constar que o texto da presente Ordenanza publicóuse íntegramente no B.O.P. núm. 55 con data do 8 de marzo do 2000.

 

 

O secretario,