Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Taxas ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, ESTRADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, ESTRADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA. PDF Imprimir Correo-e

2015-65.html


CAPÍTULO PRIMEIRO: FUNDAMENTO


ARTIGO 1: NATUREZA XURÍDICA


En uso das facultades concedidas polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ao 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este concello establece a taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao prevido nos artigos 20 e seguintes do citado Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.


CAPÍTULO SEGUNDO: FEITO IMPOÑIBLE


ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE


1.- Constitúe o feito impoñible desta taxa o aproveitamento lucrativo das vías e terreos de uso público, mediante a ocupación do dominio público local con mesas, cadeiras, tribunas, estrados e outros elementos de natureza análoga.


2.- Enténdese comprendido no dominio público local todo ben inmoble de uso público ou destinado a servizo público, quedando, polo tanto, comprendido no feito impoñible todo inmoble que, aínda sendo de titularidade privada, se ache aberto ao libre uso público.


CAPÍTULO TERCEIRO: SUXEITO PASIVO


ARTIGO 3: CONTRIBUÍNTES


1.- Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas fíxicas e xurídicas, así como as entidades sen personalidade xurídica propia que constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado susceptible de imposición, sempre que disfruten, utilicen ou aproveiten o dominio público local en beneficio particular.


2.- Enténdese que disfrutan, utilizan ou aproveitan o dominio público local, aqueles suxeitos pasivos aos que se lles outorgue ou conceda a licenza municipal de ocupación correspondente ou aqueles aos que beneficie de forma directa o aproveitamento, no caso de que se producise sen a oportuna autorización municipal previa.


ARTIGO 4: RESPONSABLES


Serán responsables solidarios e subsidiarios do cumprimento das obrigas tributarias polo suxeito pasivo, todas as persoas físicas e xurídicas definidas con tal carácter nos artigos 42 e 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.


CAPÍTULO CUARTO: DEVINDICACIÓN


ARTIGO 5: OBRIGA DE CONTRIBUÍR


A obriga de contribuír nacerá dende o momento en que existan ou se instalen nas vías públicas ou terreos abertos ao uso público de mesas, cadeiras, tribunas, estrados ou calquera outro elemento análogo, se solicitara e concedera a preceptiva licenza municipal de ocupación previamente ou non e se satisfixera previamente o importe da taxa ou non.


CAPÍTULO QUINTO: PERÍODO IMPOSITIVO


ARTIGO 6: PERÍODO IMPOSITIVO


O período impositivo comprenderá a tempada ou o tempo autorizado de ocupación do dominio público, no seu caso.


CAPÍTULO SEXTO: BASE IMPOÑIBLE


ARTIGO 7: BASE IMPOÑIBLE


Nos aproveitamentos da vía pública e parques e xardíns municipais con mesas, cadeiras, tribunas, estrados, toldos e demais elementos sombreadores e enreixados, sebes e outros elementos  verticais análogos, tomarase como base a superficie ocupada por ditos elementos, computada en metros cadrados ou fracción.


ARTIGO 8: CATEGORÍAS DE VÍAS PÚBLICAS


1.- Para os efectos de determinación dos tipos aplicables, os viais do termo municipal clasifícanse en catro categorías, segundo se determina no índice de rúas que se incorpora como anexo á presente ordenanza fiscal.


2.- Cando algún vial de nova apertura non apareza expresamente comprendido no índice de rúas, será provisionalmente clasificado como de última categoría


3.- Cando algún vial cambie de denominación viaria, será provisionalmente clasificado como pertencente á categoría existente para dita vía pública até ese momento.


4.- Cando o espazo afectado polo aproveitamento estea situado na confluencia de dúas ou máis vías públicas clasificadas de distinta categoría, aplicarase a tarifa que corresponda á vía de superior categoría.


5.- Os parques, xardíns e devesas municipais quedan asimilados a vías de primeira categoría.


CAPÍTULO SÉTIMO: COTA TRIBUTARIA


ARTIGO  9: COTA TRIBUTARIA


1.- As cotas tributarias que corresponda aboar polas modalidades de aproveitamento do dominio público local reguladas nesta ordenanza fiscal serán irreducibles polo período que se autorice.


2.- A cota tributaria determinarase segundo cantidade fixa, que estará en función da natureza do aproveitamento e da categoría vial, para toda ocupación con mesas, cadeiras, estrados e tribunas, de acordo cos seguintes grupos e escalas:


A) Mesas e cadeiras


OCUPACIÓN CON MESAS E CADEIRAS

Por mes/m2

Por tempada verán/m2

Por tempada inverno/m2

Por ano/m2

Rúas de 1ª categoría

9,80 €

31,50 €

18,20 €

45,50 €

Rúas de 2ª categoría

7,70 €

24,50 €

13,30 €

35,00 €

Rúas de 3ª categoría

4,90 €

16,10 €

9,10 €

21,00 €

Rúas de 4ª categoría

2,10 €

8,40 €

4,20 €

10,50 €


B) Tribunas e estrados


OCUPACIÓN CON TRIBUNAS E ESTRADOS

Por día/mt2.

Por mes/mt2.

Rúas de primeira categoría

1,67 €

19,91 €

Rúas de segunda categoría

1,39 €

15,32 €

Rúas de terceira categoría

1,11 €

10,25 €

Rúas de cuarta categoría

0,83 €

5,14 €


Enténdese por estrados, para os efectos desta letra b), aqueles que non constitúan elementos separadores ou accesorios dunha ocupación principal realizada con mesas e cadeiras.


3.- Enténdese por tempada de verán a ocupación do dominio público local, mediante calquera das modalidades de aproveitamentos lucrativos regulados nesta ordenanza fiscal, polo período comprendido entre o día 1 de abril e o día 30 de outubro de cada ano, incluíndo o período semanal da Semana Santa.


Enténdese por tempada de inverno a ocupación do dominio público local, mediante calquera das modalidades de aproveitamentos lucrativos regulados nesta ordenanza fiscal, incluíndo o período comprendido entre o día 1 de novembro e o día 31 de marzo do ano seguinte, agás Semana Santa.


Enténdese por tempada anual a ocupación do dominio público local, mediante calquera das modalidades de aproveitamentos lucrativos regulados nesta ordenanza fiscal, durante a totalidade do ano natural, agás o mes de xaneiro.


4.- Cando se instalen toldos, parasoles ou calquera outro elemento que supoña aproveitamento do voo da vía pública, aínda que tivese lugar dentro da superficie delimitada por outras ocupacións, e independentemente da tarifa que por elas correspondese aplicar, recargaranse as contías que resulten da aplicación das tarifas previstas no apartado segundo deste artigo nun 20%


5.- A utilización de biombos, enreixados, sebes, plantas ou calquera outro elemento separador, en forma que resulte delimitada en liña vertical a zona total ou parcialmente ocupada con mesas e cadeiras, acharase exenta de calquera tipo de recarga adicional.


6.- Os aproveitamentos realizados en terreos ou bens patrimoniais de propiedade municipal pagarán como efectuados na vía de maior categoría coa que linden, pero a contía que resulte aboar, por aplicación do epígrafe correspondente, incrementarase nun 20%.


7.- Cando se utilicen procedementos de licitación pública, o importe da taxa virá determinado polo valor económico da proposición sobre a que recaia a concesión, autorización ou adxudicación.


CAPÍTULO OITAVO: BENEFICIOS FISCAIS


ARTIGO 10: EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS


Non se concederán máis exencións ou bonificacións que aquelas que, expresamente, establezan a normas con rango de lei ou as derivadas da aplicación dos tratados internacionais.


CAPÍTULO NOVENO: RECADACIÓN


ARTIGO 11: RÉXIME XURÍDICO


A recadación da taxa realizarase de acordo co previsto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas na súa aplicación e desenvolvemento, en especial o Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, e nas ordenanzas fiscais xerais que, en materia de recadación, puidesen ser aprobadas por este concello.


ARTIGO 12: PAGAMENTO


1.- A obriga de pagamento da taxa que se regula a través da presente ordenanza fiscal nace no momento de solicitar a correspondente licenza, efectuándose liquidación, nese momento, pola Tesouraría municipal.


2.- O pagamento das cantidades que correspondan realizarase mediante o aboamento directo na Tesouraría municipal ou no lugar que estableza para os efectos o concello.


3.- O non pagamento da taxa dará lugar ao inicio da vía executiva, sendo esixible pola vía de constrinximento, de conformidade co disposto no Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.


ARTIGO 13: DEVOLUCIÓNS


1.- Cando por causas non imputables ao suxeito pasivo, o dereito á utilización ou aproveitamento do dominio público local non se realice, procederá a devolución correspondente do importe satisfeito.


2.- Para os efectos previstos no apartado anterior, así como no caso de denegación da licenza, o suxeito pasivo presentará solicitude de devolución nas dependencias municipais, detallando as circunstancias concorrentes, sendo resolto por resolución do órgano municipal competente, previos os informes oportunos.


ARTIGO 14: INSPECCION


A inspección da taxa realizarase de acordo co previsto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas na súa aplicación e desenvolvemento, en especial o Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección de tributos e nas ordenanzas fiscais xerais que en materia de inspección, puidese aprobar este concello.


ARTIGO 15: COMUNICACIÓNS


1.- Todo suxeito pasivo ten o deber e a obriga de declarar os cambios que se produzan no uso e disfrute do aproveitamento, sexa relativo ao espazo de ocupación como ao seu tipo, e na titularidade da finca, local ou establecemento a que, no seu caso, servisen, así como o remate anticipado do disfrute do aproveitamento e demais circunstancias fiscalmente relevantes en orde ás taxas que procedan.


2.- O incumprimento deste deber considerarase infracción tributaria grave nos termos do disposto nos artigos 191 e 192 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.


CAPÍTULO DÉCIMO: INFRACCIÓN E SANCIÓNS


ARTIGO 16: RÉXIME SANCIONADOR


En todo o relativo ás infraccións tributarias e ás súas distintas cualificacións, así como ás sancións que  lles correspondan, aplicarase o disposto na vixente Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas na súa aplicación e desenvolvemento, en especial o Real decreto 1930/1998, do 11 de setembro, polo que se desenvolve o réxime sancionador tributario e o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, así como nas ordenanzas fiscais xerais que, en materia de infraccións e sancións, puidese aprobar este concello.


DISPOSICIÓNS ADICIONAIS


DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA


1.- Para todo o non expresamente regulado na presente ordenanza fiscal en orde á xestión municipal deste tributo, estarase ao disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, así como na restante normativa e demais disposicións complementarias e concordantes, ditadas na súa aplicación e desenvolvemento.


2.- Toda referencia realizada nesta ordenanza fiscal a leis e demais disposicións estatais ou autonómicas entenderanse efectuadas, igualmente, ás que, no seu caso, as substitúan ou modifiquen.


DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS


DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA


As disposicións desta ordenanza fiscal só serán aplicables ás solicitudes de ocupación do dominio público local que se efectúen ou ás ocupacións sen licenza realizadas con posterioridade á data da súa entrada en vigor, rexéndose, mentres, pola normativa anteriormente vixente e que, por esta ordenanza, se derroga.


DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA


A modificación operada no artigo 9 da presente ordenanza fiscal xurdirá efectos para todos os expedientes de solicitude de licenzas iniciados con posterioridade á data de aprobación definitiva da modificación.


Os titulares ou interesados nos expedientes de solicitude de licenzas, que se realicen para a tempada do ano 2015, nos termos do artigo 9.3 desta ordenanza fiscal, e que se iniciaran con anterioridade á data de aprobación definitiva da modificación, terán dereito a solicitar a aplicación dunha bonificación equivalente á diferenza existente entre a cota total satisfeita no seu día e a cota total a satisfacer resultante da aplicación das novas tarifas, e a instar a devolución de ditas cantidades con prazo máximo até o 31 de decembro de 2015.


DISPOSICIÓNS DERROGATORIAS


DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA


1.- Queda derrogado o texto da anterior Ordenanza fiscal reguladora da taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local mediante a ocupación con mesas, cadeiras, tribunas, estrados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa, aprobado polo Pleno deste concello e publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 129 de data 7 de xuño de 2012.


2.- Igualmente, quedan derrogadas cantas outras normas ou disposicións que se achen vixentes e que se opoñan ou que, de calquera outro modo, contradigan o disposto na presente ordenanza fiscal.


DISPOSICIÓNS FINAIS


ENTRADA EN VIGOR


A presente ordenanza fiscal entrará envigor o mesmo día da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas e será de aplicación a partir do día seguinte de dita publicación.


ANEXO I


ÍNDICE ALFABÉTICO DE VÍAS PÚBLICAS


Número de orde

Denominación da vía pública

Categoría

1

Aduana, Rúa

2

Alameda, Rúa

3

Alameda, Praza

4

Amaro Refojo, Rúa

5

Antonio Fernández Pérez, Rúa

6

As Tapadas, Camiño

7

As Tuelas, Camiño

8

Cabreiroá, Estrada (até Rúa da Glorieta)

9

Cabreiroá, Estrada (resto)

10

Cancelón, Rúa

11

Canella Cega, Rúa (até Rúa Manuel Taboada Cid)

12

Canella Cega, Rúa (dende Rúa Manuel Taboada Cid até rotonda con Rúa Espido)

13

Canella Cega, Rúa (resto)

14

Castelao, Rúa (até cruce con Rúa Vicente Risco)

15

Castelao, Rúa (resto)

16

Castilla, Avenida (até o nº 155)

17

Castilla, Avenida (resto)

18

Castro, Rúa do

19

Colón, Rúa

20

Concello, Praza do

21

Concello, Travesía do

22

Concepción Arenal, Rúa

23

Constitución, Rúa

24

Coutos, Camiño Os

25

Cruz, Rúa

26

Cuartel, Rúa

27

Costa, Rúa

28

Curros Enríquez, Rúa

29

Deputación, Rúa

30

Eduardo Pondal, Rúa

31

Elle, Rúa

32

Elle, Travesía de

33

Eloy Luis André, Rúa

34

Elvira Carrera, Rúa

35

Espido, Rúa (até Rúa Cancelón)

36

Espido, Rúa (dende Rúa Cancelón até rotonda con Canella Cega)

37

Espido, Travesía

38

Flores, Rúa das

39

Fonte do Sapo

40

Fontenova, Camiño de

41

Fontenova, Camiño Vello de

42

Foxo, Rúa  O

43

Galicia, Rúa

44

García Barbón, Praza

45

Glorieta, Rúa da

46

Irmáns Fernández Álvarez, Rúa

47

Irmáns La Salle, Rúa

48

Irmáns Moreno, Rúa

49

José Santamarina, Rúa

50

José Tresguerras Melo, Rúa

51

Juan Guerra Valdés, Rua

52

Lamas Carvajal, Rúa

53

Laureano Peláez, Rúa

54

Laza, Avenida de (dende cruce Rúa Rosalía de Castro até cruce con Rúa Elvira Carrera)

55

Laza, Avenida de (dende cruce con Rúa Elvira Carrera até Asilo de Ancianos)

56

Laza, Estrada de (dende Asilo de Ancianos até fín do núcleo de Verín)

57

Lisa, Rúa

58

Luis Espada, Avenida (dende cruce con Avenida de Castilla até cruce con Rúa Santiago Rodríguez

59

Luis Espada, Avenida (resto até Rúa Santiago Rodríguez)

60

Ladairo, Rúa

61

Manuel Taboada Cid, Rúa

62

Marbana, Rúa

63

Mariano Carrero, Rúa

64

Maior, Rúa

65

Maior, Praza

66

Mercado Comarcal, Rúa

67

Mercado Comarcal, Acceso norte

68

Mercado Comarcal, Acceso leste

69

Mercé, Rúa

70

Mercé, Praza

71

Montemaior, Rúa

72

Muralla, Rúa

73

Olivar, Rúa

74

Ourense, Rúa

75

Outeiro, Rúa

76

Otero Pedrayo, Rúa

77

Pedro González Prada, Rúa

78

Polideportivo, Rúa

79

Portugal, Avenida de (até cruce con Rúa Constitución)

80

Portugal, Avenida de (dende Rúa Constitución até o nº 96)

81

Portugal, Avenida de (dende o nº 96 até o cruce con Rúa Eloy Luis André)

82

Portugal, Estrada (resto)

83

Pozo, Rúa do

84

Queizás, Camiño de

85

Rasela, Camiño A

86

Remedios, Rúa dos

87

Ribeira do Támega

88

Río, Camiño do

89

Río Búbal, Rúa

90

Río Camba, Rúa

92

Río Límia, Rúa

93

Río Mente, Rúa

94

Río Támega, Rúa

95

Rosalía de Castro, Rúa (até o nº 13)

96

Rosalía de Castro, Rúa (resto)

97

Salvador de Madariaga, Rúa

98

San Antón, Rúa (até cruce con Rúa San Rosendo)

99

San Antón, Rúa (resto)

100

San Blas, Rúa

101

San Félix, Rúa

102

San Gregorio, Rúa

103

San Lázaro, Avenida (até as oficinas de Tráfico)

104

San Lázaro, Avenida (resto)

105

San Lázaro, Canellón

106

San Pedro, Rúa

107

San Roque, Rúa

108

San Rosendo, Rúa

109

Santiago Apóstol, Rúa

110

Santiago Rodríguez, Rúa

111

Sousas, Avenida de (até o Balneario de Sousas)

112

Sousas, Avenida de (resto)

113

Sousas, Camiño Vello de (até Rúa Travesía)

114

Sousas, Camiño Vello de (resto)

115

Sousas, Travesía de

116

Silvio Santiago, Rúa

117

Subida a Monterrey, Rúa

118

Támega, Paseo do

119

Travesía, Rúa (até Rúa do Castro)

120

Travesía, Rúa (resto)

121

Traviesa, Rúa

122

Vences, Estrada de

123

Veiga, Travesía da

124

Vicente Risco, Rúa

125

Viriato, Rúa

126

Xesús Taboada Chivite, Rúa

127

Resto rúas de Verín (núcleo urbano)

128

Rúas de Feces de Abaixo (núcleo urbano)

129

Rúas de Pazos (núcleo urbano)

130

Resto de núcleos rurais do municipio (núcleo urbano)


ANEXO II


PROMEDIO VALOR DE MERCADO POR M2


O promedio do valor de mercado da utilidade que se deriva pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, de acordo coa valoración efectuada polos servizos técnicos municipais, é o seguinte:


RÚA

VALORACIÓN DE MERCADO DA UTILIDADE

Categoría

Ano

Mes

Día

Primeira

600,00 €

50,00 €

1,67 €

Segunda

500,00 €

41,67 €

1,39 €

Terceira

400,00 €

33,33 €

1,11 €

Cuarta

300,00 €

25,00 €

0,83 €


O alcalde: Juan Manuel Jiménez Morán

A secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz




DILIXENCIA: Para facer constar que a precedente ordenanza publicouse integramente no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 113 de data 20.5.2015.


A secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz