| Batucada 2010 |
|
|
|
| Xoves, 15 Xullo 2010 11:11 |
|
Durante os días 30 e 31 de xullo, a localidade de Verín acollerá a celebración da sétima edición da Batucada. O venres 30 arrinca, a partir das 16 horas, a inauguración da Batucada con xogos populares e unha festa reggae para todos os públicos, a cargo de MR.ISI, na praia fluvial de Verín. Ás 22 horas comezará o gran espectáculo Lume da compañía de teatro de rúa Troula, que rematará na praza García Barbón. Durante o mesmo, a maxia do lume invadirá a noite a ritmo de percusión, malabares con lume, pirotecnia e a presenza de meigas, trasnos e diaños. O acto, organizado e copatrocinado polo Concello de Verín, insírese en Camiños de Cultura 2010, que forma parte do programa de circuítos ‘Galicia Móvese’ da Consellería de Cultura e Turismo. E xa a partir das 22.30 horas, na praza García Barbón, concerto de Zenzar, Machina e Carlinhos e Gende Beat (beadbox). Ao igual que a anterior actuación, este concerto insírese en Camiños de Cultura 2010, que forma parte do programa de circuítos ‘Galicia Móvese’ da Consellería de Cultura e Turismo, e está organizado e copatrocinado polo Concello de Verín. O día grande da Batucada, sábado 31 de xullo, ás 16 horas terá lugar a Festa da Auga e a Escuma na praza da Alameda de Verín. Unha festa amenizada polas charangas e batucadas Grupo de Capoeira Arte Nosa, Xituma Batuke, Pan de Azúcar, Támega e Batucada do Concello de Verín. Ás 19 horas, comezará a Ruta da Batucada, amenizada polos grupos anteriores, que percorrerá diferentes rúas da localidade. Xa na praza García Barbón, e a partir das 22.30 horas, Rock na Raia 2010, festival no que actuarán Miguel Costas, Krápulas e João Luzio, banda gañadora do Rock Chaves Festival 2010. O acto está organizado e patrocinado pola S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, coa colaboración do Concello de Verín. A 01.30 horas incorpóranse á festa as charangas e batucadas Grupo de Capoeira Arte Nosa, Xituma Batuke, Pan de Azúcar, Támega e Batucada do Concello de Verín. E para finalizar, ás 03 horas, na praza do Carboeiro, terá lugar a entrega dos seguintes premios: grupo co disfrace máis elaborado, grupo co disfraz máis orixinal, persoa/parella co disfraz máis elaborado, persoa/parella co disfraz máis orixinal. Este evento está organizado polo Concello de Verín e conta coa colaboración de Xacobeo’10, Xunta de Galicia e a Asociación Xuvenil Entroideiros. |