Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno ordinario
Pleno ordinario PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Xullo 2008 11:05
O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta tarde unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
1. - Aprobación, se procede, do borrador da acta de sesión ordinaria de data 09.6.2008 (Acta nº 9/2008)
2. - Actualización das tarifas no IPC da taxa de sumidoiros e saneamento.
3. - Actualización das tarifas no IPC da taxa de abastecemento de auga potable.
4. - Actualización das tarifas no IPC da taxa de depuración de augas residuais.
5. - Actualización das tarifas do servizo de taxi.
6. - Recoñecemento extraxudicial de créditos nº 1/2008.
7. - Procedemento de revisión de oficio certificado acreditativo do silencio administrativo a instancia da Promotora Atalaya, SL.
8. - Convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
9. - Obras de melloras na Edar e rede de saneamento de Verín.
10. - Aprobación das cartas de servizos na área de padrón e de información e rexistro.
11. - Adhesión do Concello de Verín ao Convenio Marco Rede 060.
12. - Moción do Grupo Municipal PP relativa á modificación do réxime xurídico das Fundacións para o Desenvolvemento das Comarcas.
13. - Acordo en relación coa situación da estación de Renfe de A Gudiña.
14. - Dar conta dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o día 06.6.2008 até 10.7.2008, ambas as dúas datas incluidas.
15. - Informacións e outros asuntos da Presidencia.
16. - Rogos e preguntas.

 


O Concello de Verín atópase nunha situación económica crítica ocasionada polo desgoberno do tripartito e ratificada polo interventor, onde sumando as facturas impagadas a provedores nos anos 2004, 2005 e 2006 alcánzase a cifra negativa de 971.373,09 €, unha cifra que condiciona a actual política económica do Concello. Unha situación derivada dun ‘gasto desbocado e esaxerado en distintas concellalías’, e que xa advertía o interventor, o pasado 23 de maio de 2006, nun informe no que recollíanse as seguintes conclusións: “Hai concelleiros que case duplican e algún caso triplican o exceso de facturación permitida nos orzamentos, o que significa que fixeron caso omiso das advertencias efectuadas por esta intervención en relación á necesidade de controlar diminuír o gasto municipal” ou “o control do gasto é practicamente nulo”. Por este motivo, procedeuse á aprobación, por unanimidade, do expediente de recoñecemento extraxudicial nº 1/2008, por contía de 171.962,81 euros, e recoñecer as obrigas de pagamento correspondentes para a inclusión dos gastos procedentes do exercicio 2007 e anteriores no orzamento municipal para o presente exercicio 2008 -facturas pendentes do anterior grupo do goberno tripartito, que ascenden a 971.373,09 €, e obrigaron ao actual goberno municipal a realizar un control do gasto-. Segundo o informe do interventor municipal realizado para este pleno, esta situación reflíctese nas seguintes conclusións: “os ingresos estanse orzando de forma correcta e os recursos que hai son suficientes para pagar todos os gastos incluídos no Orzamento Municipal de forma clara e evidente” e “o que desequilibra a situación económica municipal é a sucesión de expedientes de Recoñecemento Extraxudicial de Créditos, sucesión que debe finaliza ou, como mínimo, disminuír ata límites aceptables”. En palabras do alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, "de pouco vale que o grupo de goberno aforre realizando unha boa xestión dos recursos e diminuíndo o gasto corrente, se absolutamente todo o que obtén por eses conceptos débese dedicar a pagar materiais e subministracións que se adquiriron para o Concello de forma irregular, sen respectar as normas establecidas e excedendo o gasto dispoñible nos orzamentos de 2004, 2005 e 2006, de forma esaxerada, tal e como manifesta o interventor en todos os seus informes”. Ademais, engade que “grazas á boa xestión deste ano de goberno puidemos recoñecer 329.981,36 €, en decembro de 2007, e 138.853,07 € do anterior goberno; que sumados son un total de 468.834,43 €. De non existir esta débeda do goberno tripartito, este diñeiro poderiámolo dedicar a investimentos e novas infraestruturas; con todo, debemos destinalo a pagar os pufos do anterior grupo de goberno. Aínda así nos restan por recoñecer máis de 500.000 € de facturas do tripartito así como as que aparezan do ano 2007 polos recoñecementos anteriores".

 

Durante a sesión plenaria tamén aprobaronse por unanimidade os seguintes puntos:

- Aprobación do borrador da acta de sesión ordinaria de data 09.6.2008 (Acta nº 9/2008).

  • Convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

  • Melloras na EDAR e rede de saneamento de Verín, segundo o proxecto redactado pola Administración Hidráulica de Galicia, cun presuposto de execución por contrata de 1.826.000 euros (ademais da solicitude ó Organismo Autónomo de Augas de Galicia do 100% do financiamento da obra).

  • Carta de Servizos do Concello de Verín na área de Padrón e Información e Rexistro, co fin de construír unha administración que sitúa ao cidadán no centro das súas decisións.

  • Adhesión ao Convenio Marco Rede 060, que substitúe ao Convenio Marco de Ventanilla única entre a Administración Xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia (neste modelo a cidadanía pode relacionarse de xeito unificado coas administracións involucradas a través de tres canles: presencial -oficinas 060-, telefónica -nº 060- ou internet -www.060.es-).

  • Mantemento do apoio ao acordo do Manifesto dos alcaldes da Comarca Natural dos Tres Reinos, en relación co deplorable estado da Estación de RENFE de A Gudiña. Así como, esixir novamente o restablecemento de todos os servizos en devandita estación e que quede acondicionada para que o tren de alta velocidade (AVE) poida efectuar dúas paradas dirección Madrid e Ourense.

  • Actualización das tarifas do servicio de taxi (o horario nocturno dentro do termo municipal de Verín aplicarase dende as 00.00 até as 08.00 horas):

  • Servizos urbanos en Verín.


CONCEPTO

TARIFA

Prezo por quilómetro

0,97 € / km

Percepción mínima día

4,00 €

Percepción mínima noite

5,00 €

Hora de espera día

12,76 €

Hora de espera noite

15,30 €


  • Tarifas fixas.


ORIXE / DESTINO

SERVIZO DIARIO

SERVIZO NOCTURNO

Fundación Hospital

4,00 €

5,00 €

Asilo de Anciáns

 

 


  • Tarifas por servizos entre núcleos de poboación.


ORIXE / DESTINO

SERVIZO DIARIO

SERVIZO NOCTURNO

O Salgueiro

4,00 €

5,00 €

Queizás

5,00 €

6,00 €

Cabreiroá

 

 

Pazos

 

 

Ábedes

 

 

A Rasela

 

 

Rías Baixas / A-52

 

 

Polígono de Pazos

 

 

Caldeliñas

 

 

Vilela

 

 

Tintores

6,50 €

7,50 €

Tamagos

7,00 €

8,00 €

Queirugás

 

 

Vilamaior

 

 

Mourazos

8,00 €

9,00 €

Tamaguelos

 

 

Mandín

11,50 €

13,50 €

Feces de Abaixo

14,50 €

16,50 €

Feces de Cima

15,50 €

17,50 €

Posteriormente, actualizáronse, segundo o IPC e cos votos a favor do PP -abstención do BNG e oposición das restantes forzas políticas-, as taxas de sumidoiros e saneamento, abastecemento de auga potable e depuración de augas residuais. Respecto as taxas de sumidoiros aplicaranse as seguintes tarifas:


VIVENDA / ESTABLECEMENTO

IMPORTE EUROS / TRIMESTRE

Vivendas

3,45 €

Establecementos de primeira categoría: lavado e engraxe de vehículos, balnearios, discotecas, pubs, clubs nocturnos, fábricas gasosas, hoteis, hostais e similares, colexios, industrias e similares

8,00 €

Establecementos de segunda categoría: salóns de peiteado, bares, tabernas, bodegóns, tinturarías, clínicas sanitarias e similares

5,28 €

Restantes establecementos

3,45 €


No apartado da taxa de abastecemento de auga potable fixaranse estas tarifas:

- O importe cando se trate de licenza ou autorización de acometida á rede xeral de abastecemento de auga percibirase por unha soa vez e ascenderá á cantidade fixa de 13,79 €.

- O importe desta taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga a domicilio:

  • Mínimo: até 30 metros cúbicos de consumo de auga potable ao trimestre esixirase a cota fixa polo importe de 4,60 € por trimestre.

  • Polo consumo de auga potable que exceda do mínimo:


CONSUMO M3 / TRIMESTRE

IMPORTE EUROS / M3 / TRIMESTRE

31 - 60 m3

0,19 €

61 - 90 m3

0,28 €

91 - 150 m3

0,58 €

máis de 150 m3

0,94 €


- Por cada corte da subministración de auga da rede xeral percibirase a cantidade fixa de 12,93 €.

- Por cada chave de seguridade que o suxeito pasivo adquirirá no concello, percibirase a cantidade fixa de 68,16 €.

- Por cada toma de auga do enganche á rede xeral do abastecemento, percibirase a cantidade de 164,26 €.


E no caso da taxa de depuración de augas residual a cota virá establecida polo consumo de:

- Municipio de Verín.

  • Para núcleos de poboación dos que a súa rede de saneamento verte na EDAR e o servizo da auga potable a domicilio é de titularidade municipal:

    • Mínimo: até 30 metros cúbicos de consumo de auga potable ao trimestre esixirase a cota fixa polo importe de 4,00 euros por trimestre.

    • Polo consumo de auga potable que exceda do mínimo:


CONSUMO M3 AUGA POTABLE / TRIMESTRE

IMPORTE EUROS / M3 / TRIMESTRE

31 - 60 m3

0,17 €

61 - 90 m3

0,25 €

91 - 150 m3

0,43 €

máis de 150 m3

0,60 €


  • No caso de que o suxeito pasivo disfrute do servizo de tratamento e depuración de augas residuais, utilizando a rede de saneamento municipal, sen que estea dado de alta no Padrón da taxa pola prestación do servizo público de abastecemento e distribución domiciliaria de auga potable, por calquera motivo, xa sexa pola carencia das licenzas municipais oportunas ou pola utilización de auga procedente de pozos particulares, a cota tributaria será equivalente ao mínimo (cota fixa).

  • Para núcleos de poboación cuxa rede de saneamento verte na EDAR e o servizo de abastecemento e subministración de auga potable domiciliaria non é de titularidade municipal: tarifa equivalente ao mínimo (cota fixa).

- Resto de Municipios (núcleos de poboación pertencentes a outros concellos e dos que a súa rede de saneamento verte na EDAR de Verín: tarifa equivalente a 0,012488 € por metro cúbico e trimestre).

Ao longo da sesión plenaria tamén se aprobou, cos votos a favor do PP e a abstención das restantes formacións políticas, o inicio do procedemento de revisión de oficio do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local Ordinaria, de 23 de maio de 2007, polo que se acordaba expedir o certificado acreditativo do silenzo administrativo no expediente administrativo tramitado a instancia de Promotora Atalaya SL, sobre a solicitude da preceptiva licenza municipal de obras para a construcción dun edificio na rúa San Antón, xa que tal acordo resulta viciado de nulidade absoluta ou de pleno dereito segundo o disposto nos artigos 62.1 f) e 102 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, LRXPAC en relación cos artigos 20.1, 107, 123, 127, 131.1 e 195.1 da LOUG.

 

Ademais, durante o pleno presentáronse as seguintes mocións:

 

- Rexeitamento ó anteproxecto de lei pola que se suprimen os instrumentos de xestión e promoción previstos na lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal e se modifica o réxime xurídico das fundacións para o desenvolvemento das comarcas. Esta moción, presentada polo PP, foi aprobada polos votos a favor do PP e ADEI-O (en contra BNG e abstención de PsdeG-PSOE e VER.IN) tanto na ratificación de urxencia como na votación.

- Solicitar ao Delegado de Política Territorial que acepte as demandas dos veciños de Feces de Cima, Feces de Abaixo, Mandín e Tamaguelos para a súa inclusión no programa de transporte compartido da Xunta de Galicia TES + BUS; e que obrigue ás empresas concesionarias de transporte de viaxeiros que percorren o ámbito deses pobos, que manteñan os servizos de autobús que figuran na súa concesión. Devandita moción, tamén presentada polo Partido Popular, foi aprobada por unanimidade tanto na ratificación de urxencia como na posterior votación.

- Instar á Delegación de Transportes da Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia á realización de trámites que permitan aos veciños de Mandín e Feces de Cima utilizar o transporte escolar nos desplazamentos (programa TES + BUS); e que o Concello de Verín inicie os trámites precisos para a contratación dunha empresa de autobuses que realice devanditos desprazamentos nos meses de xullo, agosto e setembro. Esta moción, presentada polo PsdeG-PSOE, foi rexeitada na súa ratificación de urxencia con nove votos en contra do PP, ante a imposibilidade de adoptar o segundo acordo xa que debe ser avaliado previamente por Intervención e tense que contar cos permisos específicos da Xunta de Galicia.

- Rexeitamento á proposta da directiva da Unión Europea que pretende ampliar o tempo máximo de traballo semanal a 60 horas con carácter xeral e 65 horas en determinados sectores. Esta moción, presentada polo PsdeG-PSOE, foi aprobada tanto na súa ratificación de urxencia como na votación cos votos a favor de PsdeG-PSOE, BNG e Grupo Mixto -abstención do PP-.

- Reducción do salario percibido pola tenente de alcalde, María del Carmen Pardo López. Nesta ocasión foi rexeitada a súa ratificación de urxencia con nove votos en contra do PP, xa que segundo o alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, é “unha moción demagóxica e sen bases sólidas, na que este concelleiro manifesta unha obsesión desmedida co soldo da teniente de alcalde”.

Para rematar, a corporación municipal acordou, de xeito urxente e por unanimidade -tanto na ratificación como na votación-, declarar deserto o concurso para a contratación, en réxime de concesión, da lonxa agropecuaria e mercado de gando xa que a oferta presentada por Sociedade Cooperativa Galega Hortoflor 2 non garantiza unha óptima prestación do servizo e non cumpre coas obrigas establecidas no prego. Ademais, o alcalde deu conta do protocolo de colaboración coa Cámara Municipal de Chaves -obtención de descontos para os verinenses nas instalacións termais-, da publicación da Axenda Cultural da Eurocidade Chaves-Verín e de que o Xulgado do Contencioso nº 2 de Ourense Xustiza desestimou o recurso de Santiago Cid Harguindey contra o pleno do 26 de xuño de 2006.

No apartado de rogos e preguntas intervinieron todos os portavoces dos grupos políticos.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac