Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Charla informativa sobre o Plan Maior de Seguridade
Charla informativa sobre o Plan Maior de Seguridade PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Decembro 2010 11:22

O Concello de Verín colabora co programa específico ‘Plan Maior de Seguridade’ deseñado polo Ministerio do Interior e destinado a protexer ás persoas maiores dos delitos dos que son ou poden ser vítimas.


Os obxectivos do mesmo son abordar e previr as ameazas á seguridade que sofren os maiores como colectivo vulnerable -roubos, furtos, estafas, timos ou os malos tratos, entre outros-; así como fomentar a confianza das persoas maiores nos corpos de seguridade, e perfeccionar a resposta policial ante un colectivo moi amplo e en progresión ascendente.

A finalidade deste programa de ámbito nacional adáptase plenamente á realidade social do Concello de Verín, onde están censados 3.168 habitantes maiores de 65 anos, representando o 21,65 % da poboación total (14.633 habitantes), moi por encima da media nacional. O departamento de Servizos Sociais é coñecedor de casos sufridos polos nosos maiores, moitas veces non denunciados por falta de información, desconfianza ou medo, e é testemuña desa situación de indefensión á que ven sometidas estas persoas, especialmente a daquelas que viven soas.

Por este motivo terán lugar en próximas datas charlas informativas e preventivas ofertadas por persoal experto da Guardia Civil en centros sociais e/ou veciñais frecuentados por persoas maiores. A primeira delas terá lugar mañá 16 de decembro, ás 17 horas, no Centro Social Comunitario de Verín.



 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59