Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín e MicroBank asinan un acordo para o financiamento de microcréditos
O Concello de Verín e MicroBank asinan un acordo para o financiamento de microcréditos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 31 Xullo 2008 17:21
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán e o director de Área de “La Caixa”, Julio Armada, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o financiamento de microcréditos. Este acordo facilitará as operacións de préstamo de pequenas cantidades dirixidas a aquelas persoas con dificultades para acceder ao sistema crediticio tradicional. Así mesmo, apoiará e fomentará a creación de proxectos innovadores de persoas con carácter emprendedor.
O criterio de concesión dos microcréditos sociais por parte de MicroBank atende fundamentalmente á confianza e viabilidade dos proxectos a financiar, que non requiren das garantías e avais necesarios para acceder aos créditos do sistema financeiro tradicional. O carácter social dos microcréditos vén avalado polo feito de que máis do 73% dos microemprendedores sexan mulleres e máis dun 26% sexan inmigrantes, dous dos sectores de poboación con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral. As actividades que predominan entre os negocios postos en marcha polos beneficiarios de MicroBank son o comercio (27,6%), as empresas de servizos -mensaxería, atención social, limpeza...- (25,2%) e a hostalería (15,7%).

MicroBank, en funcionamento desde o ano pasado, diríxese a todas as persoas cuns recursos económicos limitados e ás empresas do terceiro sector, co obxectivo de fomentar a actividade produtiva, o desenvolvemento persoal e a creación de ocupación.

Para máis información deben dirixirse á Axencia de Promoción Económica, situada no primeiro piso do Concello de Verín, ou na propia entidade bancaria.
 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac