Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
Día de Piñata PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Marzo 2009 11:42
A celebración do Día de Piñata, o pasado sábado 28 de febreiro, puxo o broche final ao Entroido 2009. Durante o acto tivo lugar unha cea nun restaurante da vila, o reparto de 33 placas conmemorativas para premiar a participación de comparsas e carrozas, e a entrega dos seguintes galardóns -por parte de Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín, Víctor Manuel Baladrón Lamas, concelleiro de Festexos, e os membros da Comisión-:

- Cigarrón de Honra: José Ramón Cardoso
- Mención Especial: Elena Rodríguez Barreira, a raíña do Entroido
- A mellor comparsa: Antoxo
- A mellor carroza: Prehistoricos.com
- O “Pescadilla”: María Lourdes Fidalgo Pérez

 
Votación popular para a elección da mellor comparsa e carroza PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Febreiro 2009 10:56
En consonancia co espírito participativo e popular do Entroido, o Concello de Verín promove un concurso para a elección da mellor comparsa e carroza participantes no desfile de Entroido.
Ler máis...
 
Modificación do horario das oficinas municipais PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Febreiro 2009 10:56
Con motivo das festas do Entroido, as dependencias administrativas do Concello de Verín abriranse de 9 a 13 horas os días 20, 23 e 24 de febreiro.
 
Editada en Verín unha colección de postais sobre o Entroido PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Febreiro 2009 10:05
O Concello de Verín editou unha colección de 24 tarxetas postais sobre o Entroido, pensadas para invitar á participación nos festexos dun xeito orixinal. Támen aos que nos visitan durante as festas terán nesas postais un recordo do Entroido de Verín plasmada desde unha perspectiva artística.
Ler máis...
 
Subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego PDF Imprimir Correo-e
Martes, 17 Febreiro 2009 11:37
Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda:
- Bases para a concesión de subvencións para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 481 482 483 484 485 486 487 488 489 490 Seguinte > Final >>

Páxina 482 de 502




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac