Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
Presentación da Axenda Cultural Común Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Xullo 2008 13:29

A Biblioteca Municipal de Chaves, acolleu a presentación da Axenda Cultural Común da Eurocidade Chaves-Verín. No acto ao que asistiron os alcaldes de Verín e Chaves, Juan Manuel Jiménez Morán e João Batista, respectivamente, deuse a coñecer esta publicación, de tirada mensual, que difundirá conxuntamente as actividades culturais dos Concellos de Chaves e Verín.

Ler máis...
 
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA EXPLOTACIÓN BAR PISCINAS VERÁN (TEMPADA 2008) PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Xuño 2008 12:37
Logo de ter lugar a contratación para adxudicar o servizo que despois se referenciará, mediante procedemento negociado sen publicidade o alcalde, por Decreto de data 25.6.2008, acordou:
Visto que con data 27.05.2008 dictouse Providencia desta Alcaldía expondo a necesidade de realizar unha serie de actuacións nas piscinas municipais, como son a explotación do bar, o mantemento e limpeza da zona exterior e a colaboración dun socorrista.
Ler máis...
 
'Enxebre', de Enrique Galindo PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Xuño 2008 12:36

Desde o 30 de xuño ata o 15 de xullo

Casa do Escudo de Verín.

Exposición “Enxebre” de Enrique Galindo.

Ler máis...
 
Subvencións a asociacións con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos turísticos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Xuño 2008 12:06

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda:

Ler máis...
 
Ciclo de Cinema Árabe PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Xuño 2008 11:05
O ciclo Cinemas Dixitais retorna a Verín co fin de achegar ao público galego unhas obras audiovisuais que non acceden ás plataformas tradicionais de distribución e exhibición: os filmes árabes, que son unha escolma do mais representativo do último cinema xurdido baixo as peculiaridades da cultura árabe.

Esta actividade organizada polo Festival de Cinema Euro-Árabe de Santiago de Compostela e a Axencia Audiovisual Galega, en colaboración co Concello de Verín, ten como fin coñecer outras realidades e a consciencia “do outro”, para comprender mellor a súas singularidades e integrar e respectar mellor as comunidades emigrantes que decidan convivir connosco.

Nesta ocasión, de forma gratuíta, os habitantes de Verín poderán visionar estes filmes desde o 23 ao 26 de xuño, ás 20.15 horas, na Casa da Cultura de Verín.

23 de xuño: Sombras na noite
24 de xuño: Cinturón de lume
25 de xuño: En coche ata Zigzigland
26 de xuño: Máis alá do muro
 
<< Inicio < Anterior 571 572 573 574 575 576 577 578 Seguinte > Final >>

Páxina 576 de 578

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac