Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
A Gala Benéfica de Verín a favor das mulleres vítimas de violencia cambia de hora PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Decembro 2018 14:33

Gala Solidaria Atendendo ao grande interese suscitado polo anuncio da celebración dunha Gala Benéfica en Verín a favor das mulleres que padecen violencia de xénero, e ante a inxente cantidade de peticións que están chegando ao Concello solicitando atrasar a súa celebración para que as/os traballadoras/es do comercio poidan asistir ao acto, a celebración atrásase ás 20:30 horas do día 4 de xaneiro do vindeiro ano.

O Concello de Verín agradece o torrente de adhesións que está a provocar esta iniciativa, e lembra que a integridade da recadación será destinada ás necesidades das mulleres que padecen esta lacra na nosa comarca.


 
“Mary Poppins Returns” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Decembro 2018 15:58

Mary Poppins Durante os días 21, 22 e 23 de decembro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película “Mary Poppins Returnsno Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

  • 21-12-18: MARY POPPINS RETURNS: 19:45 h e 22:30 h

  • 22-12-18: MARY POPPINS RETURNS: 17:00, 19:45 h e 22:30 h

  • 23-12-18: MARY POPPINS RETURNS: 17:00, 19:45 h e 22:30 h

Entradas en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).

MARY POPPINS RETURNS: 130´ APTA PARA TÓDOLOS PÚBLICOS

Mary Poppins (Emily Blunt) é a aia case perfecta, cunhas extraordinarias habilidades máxicas para converter unha tarefa rutinaria nunha aventura inesquecible e fantástica. Esta nova secuela, volve para axudar á seguiente xeración da familia Banks a atopar a alegría e a máxia que faltan nas súas vidas despois dunha tráxica perda persoal. A aia ven acompañada do seu amigo Jack (Lin-Manuel Miranda), un optimista faroleiro que axuda a levar a luz -e a vida- ás rúas de Londres. (FILMAFFINITY)


 
Verín introduce o apoio ás mulleres que sofren maltrato na axenda da soliedariedade do Nadal PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Decembro 2018 14:04

Gala Solidaria O día 4 de xaneiro o Auditorio de Verín acollerá unha gala especial de apoio ás mulleres que sofren maltrato. "A solidaridade dispárase no Nadal", afirma Emilia Somoza, concelleira de Cultura, "pero por desgracia, nestes tempos, temos un novo elemento que demanda a atención de todas e todos nós, que son as mulleres que requiren unha atención especial a causa da violencia de xénero".

As entradas custarán 5 euros, e a recadación irá destinada íntegramente ás mulleres con necesidades especiais por calquera circunstancia derivada da violencia na comarca de Monterrei. "Sair de casa correndo ten moitas cargas, moitas máis das que pensamos", explica Emilia Somoza, "porque saen co mínimo, e hai que cubrir as necesidades de roupa, alimento e atención á infancia se teñen nenos/as, coma no caso de calquer/a outro/a desplazado/a por motivos de urxencia" .

A concelleira fai un chamamento á asistencia a gala como "unha nova mostra soliedariedade e repulsa contra a violencia de xénero". As actuacións serán desenvoltas por artistas, cantantes e monologuistas locais, e as entradas estarán a venda no Museo do Claustro Mercedario.


 
Verín presenta a súa programación de Nadal PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Decembro 2018 15:11

Felicita 2019 O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, e a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, deron a coñecer a programación cultural e festiva para este Nadal en Verín.

O programa oficial está composto por propostas culturais e de lecer para tódolos públicos; entre os que se inclúen concertos, teatro, actividades para os centros de maiores, actividade diaria na Ludoteca (para conciliar a vida familiar e laboral), iniciativas sociais e comerciais, xunto coa tradicional cabalgata de Reis.

Do programa do Nadal, que se pode consultar na páxina web do Concello e que será distribuído polos diferentes centros municipais e establecementos comerciais e hostaleiros da vila, caben destacar as seguintes actividades:

Ler máis...
 
Terceiro curso de cata da UNED no Museo do Claustro de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Decembro 2018 09:43

Cata Mercedarios O Museo do Claustro Mercedario de Verín acolleu, dende o venres día 14 pola tarde ata a mañá do sábado día 16, o terceiro curso de cata da UNED dentro da serie “De Monterrei ao Mundo” impardido por Luis e Alejandro Paadín.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 554




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac