Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
A realidade palestino-israelí chega a Verín no marco do FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Decembro 2018 10:21

O conflito palestino-israelí trátase en Verín no marco do FIC Vía XIV 2018. Hoxe celebrouse no Auditorio unha actividade paralela á proxección de curtas, na que Gonzalo Veloso, programador do festival, e Miguel Ribeiro, un dos membros do xurado,  abordaron o funcionamento do Centro de Información Israelí para os Dereitos humanos nos territorios ocupados, B’Tselem.

Ler máis...
 
Os festivais ourensáns Animacam e FIC VíaXIV evidencian a súa plena sintonía en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Decembro 2018 10:24

O Festival Internacional de Curtos de Verín programou esta tarde unha selección de traballos que foron exhibidos en edicións pasadas do certame  online  Animacam, festival convidado nesta edición do  FIC Vía  XIV. No marco deste espírito de entendemento mutuo, o director de  Animacam, Xosé Lois Martínez Carneiro, desprazouse ata Verín para impartir unha  Masterclass na que explicou ao público presente as claves e particularidades que comporta a organización dun festival de cinema de natureza exclusivamente dixital.

Ler máis...
 
A IV edición da Feira de Nadal contará cun posto solidario para axudar a familias necesitadas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Decembro 2018 12:20

Os próximos sábado e domingo, 8 e 9 de decembro, a Praza Maior de Verín acolle a IV edición da Feira de Nadal, organizada polo Concello de Verín. Na mesma, participarán 19 postos de artesanía, alimentación, decoración, regalos e doces.

Ler máis...
 
Xurado e directores do FIC Vía XIV descobren as singularidades de Verín e comarca PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Decembro 2018 10:28

Algúns dos directores das curtas participantes e varios membros do xurado do FIC Vía XIV realizaron esta mañá unha visita guiada por Verín e comarca. O percorrido comezou no Auditorio de Verín arredor das 11.00 h da mañá. Dende alí, o grupo desprazouse ata o Castelo de Monterrei, onde visitou os distintos emprazamentos do monumento, ademais da Igrexa de Santa María e o Hospital de Peregrinos.

Ler máis...
 
O documental Mar de Terra, un traballo centrado no Entroido ourensán, foi exhibido esta noite en Verín no marco do FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Decembro 2018 10:31

O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, programou esta noite no Auditorio da vila a proxección do documental Mar de Terra, un traballo centrado no Entroido ourensán, un proxecto colectivo realizado por cinco persoas, entre elas o músico vasco Kepa Junkera.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 544




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac