Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas
Últimas
Máis de 2.800 persoas participaron no II Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín, que deixou un retorno económico directo na vila superior aos 30.000 euros PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Maio 2018 11:19

A II edición do Festival Internacional de Curtas Vía XIV, celebrada entre os días 1 e 9 de decembro do ano pasado en Verín, deixou un retorno económico directo para a vila cifrado en 30.515 euros. A esta cantidade hai que sumar o valor dos intanxibles que contribúen a fortalecer a marca Verín. Entre eles, tal e como salienta o director do certame, Carlos Montero, destaca o valor da comunicación xerada en torno ao evento, que ascende a 247.500 euros (o que valería unha campaña de publicidade en termos equivalentes). Pola súa banda, Emilia Somoza, concelleira de Cultura de Verín destaca “que o festival sitúase no epicentro da intensa programación cultural que o Concello ten desenvolvido ao longo dos últimos tres anos; unha axenda con carácter estable, que contribúe á dinamización da vila”.

Ler máis...
 
Máis de 650 persoas participaron na primeira edición das Xornadas de Novela Histórica de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 29 Maio 2018 12:00

Máis de 650 persoas participaron nas actividades programadas a pasada fin de semana (25 e 26 de maio) na marco das Primeiras Xornadas de Novela Histórica de Verín, organizadas pola Biblioteca Municipal, en colaboración con SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega).

Ler máis...
 
O Auditorio de Verín acolle a representación da obra teatral “Os Coleccionistas” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 29 Maio 2018 10:39

O vindeiro sábado 2 de xuño, ás 21:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación da obra teatral “Os Coleccionistas. A arte feita comedia”, unha divertida e interactiva comedia, interpretada por Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay,  que mestura textos cómicos e creación escénica espontánea con música en directo.

Ler máis...
 
A aula CeMIT de Verín oferta oito accións formativas para o mes de xuño PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Maio 2018 11:36

Durante o mes de xuño, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará oito accións formativas para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Ler máis...
 
“Deadpool 2” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 28 Maio 2018 10:12

Durante os días 1 e 2 e 3  de xuño , o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película “Deadpool 2” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 518




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac