Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas da Oficina de Información Xuvanil
Novas da Oficina de Información Xuvanil
Tramitación do Carné IYTC PDF Imprimir Correo-e
 
Se non es estudante a tempo completo o Carné Xove Internacional IYTC é para ti!

O Carné de Xove Internacional é recoñecido internacionalmente e serve de identificación ante calquera oficina de viaxes, compañía e museo que ofreza descontos. Ábreche as portas aos mellores espectáculos, museos, teatros, eventos deportivos e permite obter excelentes descontos en billetes aéreos internacionais, pasaxes de ferrocarril e outros

REQUISITOS:

Idade mínima de 12 anos, idade máxima 25 anos.
Unha fotografía tamaño pasaporte.
Ten un prezo de 6 €
 

VALIDEZ:

A validez do carné é de 12 meses desde a data de emisión.
 
Tramitación do Carné ISIC PDF Imprimir Correo-e

 

Faite co teu ISIC e poderás formar parte dunha comunidade de 4,5 millóns de estudantes que comparte a paixón por viaxar e descubrir novas culturas.
É o carné que te identifica como estudante en calquera parte de mundo con máis de 34000 descontos. É un documento recoñecido pola UNESCO e a Comunidade Europea, utilizado desde que se creou por máis de 35 millóns de estudantes en todo o mundo.

Se es estudante, o ISIC axudarache a gozar de especiais beneficios e servizos, en todo o mundo. O Carné Internacional de Estudante ISIC é un servizo da International Student Identity Card Association, unha organización sen ánimo de lucro asociada á International Student Travel Confederation (ISTC).

Es estudante, móveste polo mundo e queres facelo sen que o peto se resinta demasiado... o que precisas é o ISIC, o único documento universal de identidade para estudantes viaxeiros que proben a súa condición de estudante a tempo completo. É o carné de descontos máis popular e coñecido en todo o mundo, con máis de 40 millóns de carnés emitidos desde a súa creación.

ISIC creouse en Dinamarca no ano 1968 co fin de facilitar a mobilidade académica dos estudantes, xerar intercambios culturais e posibilitar a expansión do coñecemento doutras terras, culturas e sistemas, buscando incrementar as comunicacións entre os estudantes de todo o mundo.

O ISIC axudarache a gozar de especiais beneficios e servizos que van desde un servizo de emerxencia, axuda legal e médica as 24 horas do día ata o acceso a organizacións de viaxes para estudantes en máis de 100 países. Ademais tamén contarás con importantes descontos en transportes como o avión, tren, autobús, barco e en aloxamentos, descontos en tendas e restaurantes e prezos reducidos en entradas a museos, galerías e lugares históricos.

A imaxe do carné é única. Sendo esta a mesma que se exhibe tanto en España como no resto do mundo. O logo da UNESCO, que aparece na parte frontal do carné, indica o compromiso dirixido a potenciar o entendemento internacional e o coñecemento cultural.

REQUISITOS:

Idade mínima de 12 anos. Non hai idade máxima.
Acreditar que se é estudante a tempo completo matriculado nun curso académico recoñecido oficialmente.
Unha fotografía tamaño pasaporte.
Ten un prezo de 6 €

VALIDEZ:

A validez do carné é desde o 1 de setembro ata o 31 de decembro do ano seguinte (15 meses), ou no seu defecto desde a data en que se emita o carné ata a data anteriormente indicada.

 

 
Tramitación do Carné de Albeguista PDF Imprimir Correo-e
O alberguismo é un xeito de facer turismo activo, cultural, deportivo e sobre todo de confraternización con outros/as mozos/as do mundo e persoas de máis idade.

Para poder acceder aos albergues necesitas ter o carné de alberguista, e con el poderás escoller entre os máis de 4.500 que forman parte de "HOSTELLING INTERNATIONAL" e que están espallados por máis de 80 países do mundo.

Un albergue xuvenil non é un hotel, nin a infraestrutura nin os prezos nin a filosofía é a mesma. O espírito alberguista consiste en potenciar a convivencia entre mozos e mozas de distintas razas, credos ou ideoloxías de xeito que a permanencia no albergue contribúa á formación en valores do/a alberguista.

CARNÉS DE ALBERGUISTA


Os seus prezos son moi accesibles en xeral e atoparalos tanto en cidades como preto do mar ou na montaña. Cando fagas o carné daranche con el unha guía de albergues de España (232 albergues no 2007) e se queres unha de todo o mundo tes que comprala (11 €).


Hai varios tipos de carnés de alberguista:

- Carné de alberguista xove (14 a 30 anos): 5 €

- Carné de alberguista adulto (+ de 30 anos): 12 €

- Carné de alberguista grupo (<30 anos, mínimo 10 persoas): 15 €

- Carné de alberguista familiar (pais + fillos menores de 14 anos): 24 €


A validez dos carnés é de 1 ano a partir da data de expedición.

ONDE PODES FACER O CARNÉ DE ALBERGUISTA:

  • OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL DE VERÍN - PZA DO CONCELLO 32600 VERÍN - Tel.: 988414776 - Fax: 988411900 - Horario de 9 a 14 h.
  • SERVIZO DE XUVENTUDE - AVDA. DA HABANA, 81, BAIXO - 32004 OURENSE - Tel.: 988386118 - Fax: 988386119 - Horario de 9 a 14 h.

ENLACE DE INTERES:

Rede Española de Albergues Xuvenis:
 
 
Tramitación do Carne Xoven PDF Imprimir Correo-e

imaxen do carne euro<26

O Carné Xove euro 30 é persoal e intransferible a disposición da mocidade galega entre 12 e 30 anos, que a acredita como tal e coa que obtén descontos e vantaxes das Entidades Colaboradoras na Comunidade Autónoma de Galiza, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove

Non podedes esquecer que todos os descontos que figuran nesta guía non serán de aplicación en periodo de rebaixas, liquidación, promoción ou sobre produtos xa rebaixados, nin nos pagos con tarxeta.
A través dun adhesivo, que recolle unha reprodución do logo euro<30 identificarás os lugares onde vos farán algún tipo de desconto ou vantaxe.

Se algún establecemento non realizara o desconto que figura na guía, deberedes poñelo en coñecemento da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade mediante a folla de reclamación que aparece nas últimas páxinas da guía ou que tamén podedes descargar da páxina.

Debedes ter en conta que estes establecementos poden darse de baixa notificándoo á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade con dous meses de antelación, polo que esta información aparecerá actualizada nesta páxina web.

A obtención do carné xove euro <30 dá dereito a un exemplar da guía de balde e a poder solicitar, no resto das comunidades autónomas e en Europa, exemplares das súas guías respectivas cando vos encontredes alí.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FACER O CARNÉ XOVE

• Impreso de solicitude
• Impreso de pagamento de taxas (6 €)
• Presentación de DNI ou libro de familia no que figure a persoa
• Foto tamaño carné

 

VALIDEZ

• Este carné ten unha vixencia de dous anos contados a partir da data da súa expedición. O dito carné pódese expedir como modelo clásico ou como modelo combinado carné xove euro<30 xunto coa tarxeta bancaria

 

LUGAR DE TRAMITACIÓN

• Na Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Casa da Xuventude

Avda. de Portugal, 11 bis 1º Andar

Horario de 9,00 a 14,00 h de luns a venres.

 

 

 

O servizo de Xuventude é o departamento municipal encargado de organizar, xestionar e promover os programas destinados á poboación xuvenil do municipio, fundamentalmente á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e 35 anos, aínda que tamén presta os seus servizos a persoas non incluídas nesta franxa de idade e organiza actividades destinadas á poboación preadolescente, infantil e adulta. A Oficina Municipal de Información Xuvenil está relacionada directamente coa estructura da Rede Galega de Información Xuvenil seguindo a normativa da Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, establecéndose lazos de coordinación entre ambas administracións.


 

Que facemos

A súa organización e xestión dependen da Concellería de Xuventude do Concello de VERIN, cuxa estructura xira en torno ós seguintes programas:

Programa de Información xuvenil, que ten como finalidade ofrecer e xestionar información de interese para a mocidade sobre os temas que máis interesan e que maior demanda teñen por parte do colectivo xoven.

Programa de Dinamización Xuvenil, que se estructura por áreas temáticas: emprego, educación, lecer e tempo libre, asociacionismo e participación.

Que servizos ofrecemos

• Información axudas.
• Información, difusión e descentralización da información xuvenil de carácter xeral: convocatorias, cursos, premios e concursos, voluntariado, oferta de emprego, vivenda, etc.
• Viaxeteca: turismo xuvenil.
• Tramitación de Carné Xove.
• Programación e xestión de actividades.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>

Páxina 7 de 7
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59