Home Cidade Piscina Climatizada
Novas da Piscina Climatizada
Fase Final do Torneo de Natación en Ourense PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Maio 2010 11:07

O vindeiro 8 de maio, a partir das 10.30 horas, a piscina climatizada do Pavillón de Os Remedios (Ourense) acollerá a Fase Final do Torneo de Natación, no que participarán 30 nenos/as do Club de Natación de Verín.

Ler máis...
 
Vinte e sete nenos/as do Club de Natación de Verín participan no Torneo de Escolas de Natación PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Abril 2010 10:51

Vinte e sete nenos/as do Club de Natación de Verín participaron no Torneo de Escolas de Natación, celebrado o pasado 17 de abril en Allariz.

Este torneo, no que tamén competían nadadores do Club de Natación Chaves e as Escolas Deportivas da Piscina Climatizada de Allariz participaron nenos/as de ambos sexos e sen licencia federativa en vigor nas seguintes categorías benxamín (2000  - 2001 - 2002), alevín (1998 - 1999) e infantil (1997 e anteriores); e probas: 25 metros costas benxamín, 25 metros crol benxamín, 25 metros braza benxamín, 50 metros costas alevín e infantil, 50 metros crol infantil e alevín, 50 metros braza infantil, 25 metros braza alevín -cada neno/a participou en dúas probas- e 8 x 25 relevos -dous equipos de Verín-.

Ao rematar entregóuselle unha medalla a cada participante e un trofeo na proba de relevos para o Club de Natación de Verín.

 
O Colexio María Inmaculada establece un convenio de natación coa Piscina Climatizada PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 14 Abril 2010 11:24

O Colexio María Inmaculada establece, por primeira vez, un convenio de natación coa Piscina Climatizada de Verín, para impartir clases de natación aos/ás alumnos/as de 4º de Primaria de devandito centro educativo.

Ler máis...
 
O Concello de Verín e a Secretaría Xeral para o Deporte asinan un convenio para a reforma e ampliación da piscina climatizada do municipio PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Abril 2010 16:14

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán asinaron esta tarde un convenio que permitirá a reforma e ampliación da piscina climatizada de Verín, cuxo orzamento ascende a un total de 568.018,77 euros.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3