Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Maiores
Maiores
Axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 16 Abril 2016 17:29

Desde o Concello de Verín infórmase da publicación da ORDE pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, con cargo ao P.E FESE Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016.

Ler máis...
 
Charla – Coloquio relacionada ca defensa dos dereitos das persoas maiores PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Xuño 2015 11:37

No marco do Programa de envellecemento activo que se está a desenvolver dende os Servizos Sociais Comunitarios de Verín – Área de maiores - este venres día 19 de Xuño no salón de actos da casa da cultura do Concello, realizouse unha Charla – Coloquio relacionada ca defensa dos dereitos das persoas maiores. Ó inicio, unha nena menor de idade, voluntaria na biblioteca Municipal de Verín, leeu o Decálogo dos dereitos das persoas maiores.

Ler máis...
 
ov-sas-maiores-teleasistencia

Teleasistencia Domiciliaria.


É un servizo social que se presta no domicilio e que ofrece a posibilidade de continuar vivindo neste con tranquilidade e seguridade. Ten por obxeto dar unha resposta positiva e inmediata co fin de resolver situaciones de necesidade as 24 horas ó día, todos os días do ano.
É un sistema de comunicación bidireccional, mans libres, que conecta ao usuario do Servizo cun Centro de Atención, sólo con pulsar un botón.
 
ov-sas-maiores-xantar-na-casa

Programa de comidas a domicilio “Xantar na casa”.


Constitúe un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade  adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.

Preténdese que as persoas maiores e/ou dependentes poidan seguir vivindo nos seus fogares o maior tempo posible e cun nivel de independencia e autonomía aceptable.
 
ov-sas-maiores-065

Programa de Transporte Adaptado (065).


O Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para ás persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de  dependencia ten a consideración de servizo de transporte adaptado programado e non urxente para a prestación de servizos puntuais.

Este servizo de transporte adaptado e asistido, de carácter gratuíto, ten como finalidade:
a) Poñer a disposición das persoas con discapacidade e/ou dependentes que teñan dificultades de mobilidade os  medios adecuados as súas necesidades, que lles faciliten dita mobilidade.
b) Favorecer o acceso, en condicións de igualdade efectiva, ás persoas con discapacidade e/ou ás persoas en situación  de dependencia aos servizos e recursos que faciliten a promoción da súa autonomía persoal así como a súa  participación no contorno habitual.
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59