Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A feira de Verín acolle maña unha dramatización dun cantar de cego PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Novembro 2017 15:07

Maña venres, a partir das 10:30 horas, Luís Correa ”O Caruncho”, no papel de cego; e Chus Igrexas, como lazarilla, percorrerán a rúa Lisa interpretando unha dramatización dun cantar de cego. Os actores, coincidindo co día de feira, representarán tres cantigas acompañados dun “roller” ilustrado por Luís Davila “O Bichero”.

Ler máis...
 
O Festival Internacional de Curtas de Verín volverá contar con estudantes da Universidade de Santiago como voluntarios PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Novembro 2017 13:31

O Festival de Curtas de Verín (FIC) volverá contar para a súa vindeira edición con voluntarios dos graos de Xornalismo e Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Estes alumnos realizarán tarefas de prensa, xestión de redes sociales, realización e produción audiovisual durante o evento.

Ler máis...
 
“La Lego Ninjaco Película” e “Annabelle Creation” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Outubro 2017 20:08

Os días 3, 4 e 5 de novembro, o cinema municipal de Verín acolle as proxeccións das películas “La Lego Ninjaco Película” e “Annabelle Creation” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
O Concello de Verín crea un novo parque biosaludable en Queirugás PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Outubro 2017 12:57

O Concello de Verín acaba de culminar as obras de acondicionaminento dun novo parque biosaludable situado na rúa da Igrexa  da localidade de Queirugás. Cun investimento total de 9186,49 euros, este proxecto foi cofinanciado nun 49% (4.501,38 euros) pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a traves dos fondos feader do *programa de desenvolvemento rural de galicia, dentro do pdr de galicia 2014-2020.

Ler máis...
 
Máis de 700 cortos optan a participar no Festival Internacional Vía XIV de Verín PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 28 Outubro 2017 12:00

Máis de 700 traballos optan a participar nas diversas categorías oficiais da segunda edición do Festival Internacional de Curtas (FIC) de Verín Vía XIV, que se desenvolverá na vila do Támega entre o 1 e o 10 de decembro. Esta cifra “supera en máis dun 10% o número de pezas recibidas o ano pasado”, segundo destaca Carlos Montero, director do FIC. “Para un festival coma o noso, que pode aínda considerarse novel, é un orgullo contar con este elevado grao de participación”, engade.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 671




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac