Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Día de Piñata PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Marzo 2009 11:42
A celebración do Día de Piñata, o pasado sábado 28 de febreiro, puxo o broche final ao Entroido 2009. Durante o acto tivo lugar unha cea nun restaurante da vila, o reparto de 33 placas conmemorativas para premiar a participación de comparsas e carrozas, e a entrega dos seguintes galardóns -por parte de Juan Manuel Jiménez Morán, alcalde de Verín, Víctor Manuel Baladrón Lamas, concelleiro de Festexos, e os membros da Comisión-:

- Cigarrón de Honra: José Ramón Cardoso
- Mención Especial: Elena Rodríguez Barreira, a raíña do Entroido
- A mellor comparsa: Antoxo
- A mellor carroza: Prehistoricos.com
- O “Pescadilla”: María Lourdes Fidalgo Pérez

 
Próximas actividades para os eurocidadáns PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Febreiro 2009 11:40
Dentro do espírito de fomento da Eurocidadanía, esta primavera a Eurocidade contará, entre outras actividades, con dúas citas deportivas destacables:

- 1º Torneo de Fútbol-Sala Interparroquial da Eurocidade -de abril a xuño-. Primeira competición deportiva na que participarán equipos formados integramente por xogadores de ambos municipios.

- 1ª Carreira  Pedestre da Eurocidade -10 de abril-. Con saída no municipio de Verín e chegada ao de Chaves.


 
A Eurocidade Chaves-Verín, foco de interese académico e institucional PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Febreiro 2009 11:39
Seminario temático: “As conurbacións transfronteirizas: potenciación da gobernanza interna”

O vindeiro 12 de marzo terá lugar no Auditorio do Centro Cultural de Chaves o primeiro seminario temático do proxecto “URBACT: EGTC”. Este proxecto, enmarcado no programa europeo URBACT e encabezado pola MOT (Misión Operacional Transfronteiriza), pon en rede a varias aglomeracións transfronterizas de Europa e pretende realizar intercambios e traballos sobre o desenvolvemento das súas ferramentas de goberno transfronteirizo local.
Ler máis...
 
O proxecto da Eurocidade Chaves-Verín recibe un impulso de 1.333.000 euros PDF Imprimir Correo-e
Venres, 27 Febreiro 2009 11:36
O Comité de Xestión do Programa Operativo de Cooperación Territorial España-Portugal (POCTEP) 2007-2013, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), acordou conceder ao proxecto Eurocidade a candidatura presentada no mes de abril, polo que o 75% do valor solicitado será financiado por este fondo.
Ler máis...
 
1º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves – Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Febreiro 2009 18:18
A 1ª edición do “Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín”, que terá lugar entre marzo e xuño de 2009,  pretende ocupar o tempo libre dos eurocidadáns de forma saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva, e dinamizar as instalacións deportivas existentes.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 741 742 743 744 745 746 747 748 749 750 Seguinte > Final >>

Páxina 745 de 771

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac