Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

A Banda de Gaitas do Concello de Verín visitou de de Frankfurt Oder (Alemania) y Slubice (Polonia) PDF Imprimir Correo-e
Venres, 19 Xullo 2019 12:49

Do 12 ao 15 de xullo a Banda de Gaitas do Concello de Verín participou na celebración da irmandade entre as cidades de Frankfurt Oder (Alemania) y Slubice (Polonia). Acudían como representación da Eurocidade Chaves - Verín, convidada a este festexo a prol do intercambio e a interacción cultural.
Ler máis...
 
Visita da Ludoteca ao Concello de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Xullo 2019 12:52

Unha trintena de rapaces e rapazas de entre 9 e 10 anos visitaron hoxe as instalacións do Concello de Verín dentro dunha actividade da Ludoteca.

Foron recibidos polo alcalde, Gerardo Seoane, quen guiou unha visita na que os cativos puideron coñecer como funciona o Concello, cales son algúns dos seus departamentos e incluso visitar o seu despacho.

Ademais, Gerardo obsequiounos con pins e lapiseiros co escudo da nosa vila.

Ler máis...
 
O vindeiro 20 de xullo a Eurocidade Chaves-Verín celebrará a actividade “ Un día ao redor da música” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Xullo 2019 11:16

O vindeiro 20 de xullo a Eurocidade Chaves-Verín acollerá a celebración da actividade “ Un día ao redor da música” que se celebrará no local de ensaios da Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade Chaves-Verin (Avda. Portugal, Feces de Abaixo - antigo edificio aduaneiro).

Dita iniciativa ven organizada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, no ámbito do proxecto Eurocidade_2020. Esta acción ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible, neste caso, reunindo a mozos e mozas nunha tarde na que a música será a protagonista.

Ler máis...
 
Aproxímanse días grandes para os menores da Ludoteca e do Campamento Urbano do Concello de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Xullo 2019 09:50

A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano do Concello de Verín programan unha serie de xornadas ateigadas de actividades para os máis novos que terán lugar entre os días 18 e 30 de xullo. Un dos actos principais destes días será o desfile de “Ludobatucada”que este ano xirará entorno á temática “dos heroes e das heroínas”.

Ler máis...
 
A Federación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal organiza as Xornadas da Xuventude da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Xullo 2019 12:58

A Federación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal (FNAJ) celebrará os días 26 e 27 de xullo as Xornadas da Xuventude da Eurocidade Chaves-Verín. Esta actividade reunirá na cidade de Chaves a entre 50 e 70 membros de asociacións xuvenís do Norte de Portugal e de Galicia.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 779

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac