Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Os veciños de Pazos, en Verín, xa reciben o sinal de TDT PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Abril 2009 14:17
O Centro Emisor de Monterrei emite, desde o pasado día 1 de abril, a totalidade dos múltiples de Televisión Dixital Terrestre (TDT); sendo xa posible recibir na área de cobertura de Pazos máis de 22 canles de televisión.
Ler máis...
 
Certames “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” e “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Abril 2009 10:39
Co fin de fomentar a creatividade literaria dos estudantes dos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín convoca o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez.
Ler máis...
 
Concentración de Maios Enrique Gómez Pato. Festa dos Maios 2009 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Abril 2009 11:56
Na década dos cincuenta do pasado século, Enrique Gómez Pato percorría as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de musgo e plantas silvestres. O carón dos maios ou agochado no seu interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a  veciñanza agardaba pola súa creatividade crítica. En lembranza deste home que lle deu un novo pulo a esta manifestación da nosa cultura popular e para  promover a creación de maios entre as asociacións, institucións e centros de ensino, o Concello de Verín organiza unha concentración de maios artísticos, tradicionais e humanos, con divulgación de coplas cantables, que se rexerá polas seguintes bases:
Ler máis...
 
Cantares e tocares, concerto didáctico na Casa da Cultura de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Abril 2009 10:20
Ensemblementa, orquestra de corda e clavecín, preséntase o vindeiro sábado día 4, ás 12 horas,na Casa da Cultura de Verín co concerto Cantares e tocares, nun acto patrocinado pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e o Concello de Verín.
Ler máis...
 
Presentación da Guía imprescindible de electroestimulación PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Marzo 2009 12:49
A Casa da Cultura de Verín acollerá o próximo luns 6 de abril, a partir das 20.15 horas, a presentación do libro Guía imprescindible de electroestimulación de Piti Pinsach.
Ler máis...
 
Inicio do curso ‘Coidador/a de atención no fogar de persoas dependentes’ PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Marzo 2009 12:48
O próximo 1 de abril, na Casa da Xuventude, comezará a actuación formativa ‘Coidador/a de atención no fogar de persoas dependentes’, incluída no Proxecto Innova Emprego Ourense. Devandita acción formativa consta de dúas fases, unha de carácter teórico que se estenderá durante 2 meses en horario de 9 a 14 horas; e a segunda, de carácter práctico, cunha duración de tres meses.
 
<< Inicio < Anterior 621 622 623 624 625 626 627 628 629 630 Seguinte > Final >>

Páxina 621 de 646