Verín presenta a súa programación de Nadal |
|
|
|
Luns, 17 Decembro 2018 15:11 |
O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, e a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, deron a coñecer a programación cultural e festiva para este Nadal en Verín.
O programa oficial está composto por propostas culturais e de lecer para tódolos públicos; entre os que se inclúen concertos, teatro, actividades para os centros de maiores, actividade diaria na Ludoteca (para conciliar a vida familiar e laboral), iniciativas sociais e comerciais, xunto coa tradicional cabalgata de Reis.
Do programa do Nadal, que se pode consultar na páxina web do Concello e que será distribuído polos diferentes centros municipais e establecementos comerciais e hostaleiros da vila, caben destacar as seguintes actividades: |
Ler máis...
|
|
AEVER presenta a súa campaña de Nadal 2018-2019 |
|
|
|
Martes, 11 Decembro 2018 15:42 |
Esta mañá, presentáronse na sede de AEVER as actividades programadas no marco da campaña de Nadal 2018-2019 da Asociación de Comerciantes de Verín. Este conxunto de accións teñen a finalidade incrementar as ventas da campaña e promover o atractivo turístico, cultural e comercial de Verín. Devandita iniciativa conta co apoio do Concello de Verín e da Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (AEHCOM). |
Ler máis...
|
“O descanso dos Cigarróns” cartel oficial do Entroido 2019 |
|
|
|
Luns, 10 Decembro 2018 19:25 |
O cartel presentado baixo o lema “O descanso dos Cigarróns” resultou gañador do concurso do Cartel Oficial do Entroido 2019, segundo o reconto da votación popular celebrado o día 10 de decembro no Auditorio Municipal do Concello e Verín. |
Ler máis...
|
Verín baixa o telón do seu Festival de Curtas, no que participaron arredor de 3.000 persoas durante toda a semana |
|
|
|
Sábado, 08 Decembro 2018 15:36 |
O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, finalizou esta noite no Auditorio da vila, no contexto dunha gala chea de emotividade, música e sorpresas. As condutoras do acto, a presentadora de televisión Nieves Rodríguez e a actriz Ledicia Sola, foron as encargadas de desvelar os nomes dos gañadores tras unha semana de votacións e deliberacións. A asistencia e participación no festival e nas súas actividades paralelas, ao longo de toda a semana, foi de “arredor 3.000 persoas”, tal e como revelou no decurso da gala o director do certame, Carlos Montero. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 9 de 623 |