Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
A Praza da Mercé de Verín acollerá un concerto da banda coruñesa Los Mecánicos. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Agosto 2018 11:05

O vindeiro xoves, 16 de agosto, ás 23.00 horas, a Praza da Mercé de Verín acollerá un concerto da banda coruñesa Los Mecánicos. Este grupo está formado por tres mozos pero veteranos músicos que nos ofrecerán un concerto no que recorreremos o mellor da música pop dos anos 60.
Ler máis...
 
A Confraría dos Viños de Monterrei suma catro novos membros e entrega recoñecementos polo veitincinco aniversario PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 11 Agosto 2018 10:14

Ás oito da tarde deron comezo os actos de inauguración da décimo terceira edición da Feira do Viño de Monterrei, que por cuarto ano consecutivo está a desenvolverse na Alameda de Verín.

Ler máis...
 
O Museo Claustro Mercedario acolle unha nova instalación sobre a vertebración territorial de Ourense e a orixe da verba “Támega”. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Agosto 2018 13:04

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e o profesor e arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero, inauguraron hoxe unha nova peza do Museo Claustro Mercedario, adicada á explicación da verba “Támega”, da súa orixe e do nacemento da actual comarca. Ante os alumnos da Ludoteca de Verín, Colmenero departiu unha pequena “clase maxistral” sobre o intenso proceso urbanístico desenvolto, no século I da nosa era no interior da actual provincia de Ourense.

Ler máis...
 
El Guateque de la Década actuará en Verín o vindeiro 11 de agosto. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Agosto 2018 09:35


O vindeiro sábado 11 de agosto, a partir da 01:45 horas, a Praza García Barbón volverá á época dos guateques da man de El Guateque de la Década e a súa "Gira 2018: Jugando a Recordar". Esta actuación está incluída dentro da programación da XIII Feira do Viño Monterrei.
Ler máis...
 
Sés actuará en Verín o vindeiro 12 de agosto. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Agosto 2018 12:18

O vindeiro 12 de agosto, ás 00.00 horas, a Praza García Barbón acollerá un concerto da cantora galega Sés, sen dúbida un dos pratos fortes da programación musical da XIII Feira do Viño Monterrei.

Ler máis...
 
O Mago Antón visitará Verín o vindeiro 12 de agosto. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Agosto 2018 12:00

O vindeiro 12 de agosto, na Preguiza de Verín, o Mago Antón achegaranos a súa nova aventura magomóbil. Os horarios das actuacións serán ás 12.00, ás 13.00, ás 18.00, ás 19.00, ás 20.00 e ás 21.00 horas. As entradas serán de balde.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 606