Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Firma dun convenio urbanístico entre Gedes Verín S.L e o Concello de Verín para a construción dun xeriátrico PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Novembro 2008 14:21
O Concello de Verín firmou un convenio urbanístico con Gedes Verín S.L.co obxecto de formalizar unha cesión de solo a favor do Concello de Verín por parte da citada empresa (nunha superficie aproximada de 5.339 m2) a conta do futuro Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a implantación dunha residencia xeriátrica no municipio.
Ler máis...
 
Praceres sonoros. Ciclo-homenaxe a Ángel Barja PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Novembro 2008 14:17
O Concello de Verín en colaboración co Instituto Leonés de Cultura organiza, entre o 9 e 29 de novembro, un ciclo-homenaxe a Ángel Barja Iglesias, que  foi o músico sobranceiro dos nacidos na comarca de Verín e un dos compositores galegos máis importantes do século XX. Compositor con máis de cincocentas obras en catálogo, obtivo, entre outros, o Premio Nacional de Composición (1972 e 1984), o Premio Internacional de Composición (1972 e 1981), o Premio Cristóbal Halfter (1982) e o Premio Internacional da Real Academia de Bellas Artes de Granada (1985).
Ler máis...
 
Reunión do alcalde de Verín co conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Novembro 2008 18:32
O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, reuniuse co conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez Fernández, co obxectivo de mostrarlle as actuacións realizadas pola institución local no ámbito ambiental, así como para exporlle as necesidades existentes e definir os futuros proxectos a desenvolver no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín.

Ler máis...
 
II Carr@da do Viño PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Novembro 2008 18:38
O vindeiro sábado, 8 de novembro, a partir das 19 horas, a localidade de Verín acollerá a celebración da “II Carr@da do Viño”. Unha festa en honra ao patrón dos viticultores, San Trifón, e que mediante a unión da cultura e gastronomía busca enxalzar o viño.
Ler máis...
 
Aberta a inscrición para o Obradoiro do Cigarrón PDF Imprimir Correo-e
Venres, 24 Outubro 2008 10:23
O Concello de Verín organiza, un ano máis, un obradoiro para aprender a facer o disfrace de cigarrón, ben sexa completo ou partes desta máscara. Os/as interesados/as poden inscribirse até o día 14 de novembro na Casa do Concello, na oficina de información (planta baixa).
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 751 752 753 754 755 756 757 758 759 760 Seguinte > Final >>

Páxina 751 de 766