Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
Presentación da nova tarxeta de La Caixa coa imaxe do Cigarrón PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Xaneiro 2009 12:17
O alcalde e a tenente de alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán e María del Carmen Pardo, respectivamente, e o  director da sucursal La Caixa na localidade, José Luis Francisco, presentaron esta mañá unha nova tarxeta bancaria coa imaxe do cigarrón, figura emblemática do Entroido de Verín e o simbólico Castelo de Monterrei. Esta iniciativa, proposta dende a entidade municipal, ten como obxectivo promocionar a imaxe do noso personaxe máis representativo do Entroido de Verín, así como, tamén a oferta complementaria da zona, representada a través do Castelo de Monterrei e outros actractivos turísticos da localidade. Non nos cabe dúbida de que, ademais, esta actuación favorecerá a actividade comercial da entidade, e así o esperamos, xa que a maioría dos verinenses, tanto os residentes aquí como no exterior, estarán encantados de  levar na súa carteira a imaxe do cigarrón.
 
Exposición ‘Óleos e debuxos’ de Manuela Sánchez PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Xaneiro 2009 11:06
Dende hoxe, 20 de xaneiro, ata o 7 de febreiro a Casa do Escudo de Verín acollerá a mostra ‘Óleos e debuxos’ da artista verinense Manuela Sánchez.
Ler máis...
 
Proxectos presentados ao Fondo de Inversión Local para o Emprego PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Xaneiro 2009 19:18

O alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, compareceu en rolda de prensa co fin de anunciar os proxectos presentados ao Fondo de Inversión Local para o Emprego, xa amosados con anterioridade aos portavoces dos restantes grupos políticos de Verín. Devanditos proxectos son:

Ler máis...
 
Inauguración da área pública fronte ao campo de fútbol de Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 16 Xaneiro 2009 19:21
Esta tarde, ás 20 horas, o presidente da Deputación Provincial, Xosé Luis Baltar Pumar, e o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, inaugurarán a segunda fase das obras de reforma da área pública situada fronte ao estadio José Arjiz de Verín, cuxo custo ascendeu a un total de  140.829, 29 euros. Devandita área está conformada por un parque público, unha pista de baloncesto, un espazo para os maiores que inclúe aparellos de rehabilitación e unha zona de xogos para os/as nenos/as.
Ler máis...
 
Instalación dun elevador de discapacitados na piscina climatizada PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 15 Xaneiro 2009 14:11
O Concello de Verín procedeu á instalación, nos últimos días, dun elevador de discapacitados na piscina climatizada da localidade, co fin de facilitar o acceso ao vaso da piscina ás persoas con problemas de mobilidade.  Devandito elevador está conformado por unha cadeira, pasamanos e cilindro elevador hidráulico e o seu custo ascende a 5.931,54 €.
 
<< Inicio < Anterior 751 752 753 754 755 756 757 758 759 760 Seguinte > Final >>

Páxina 759 de 779