Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais
Servizos Sociais
PDF Imprimir Correo-e

Voltar

Informe de Inserción Social dun Estranxeiro (Arraigo Social)

Informe emitido polo Concello, imprescindíbel por lei, como parte da documentación necesaria para regularizar a estancia en España das persoas estranxeiras.

Neste informe débese facer constar o tempo de permanencia da persoa estranxeira en España e concretamente en Verín, os medios de vida cos que conta, o seu coñecemento das linguas que se utilicen na seu contorno (galego e español), o seu coñecemento e inserción nas redes sociais da seu contorno, os programas de inserción sociolaboral en que participe e calquera outro extremo que determine o seu grado de arraigo no municipio.

A persoa estranxeira deberá acreditar documentalmente todos os datos anteriores e en base a eles emitirase o Informe cunha Valoración favorable ou desfavorable sobre o seu grado de inserción.

A quen está dirixido

Estranxeiros que cumpran os seguintes requisitos:

- Residencia continuada en España de polo menos 3 anos demostrables.

- Oferta de emprego cunha duración mínima de 1 ano e con xornada laboral de 40 horas semanais ou acreditación de medios de vida.

- Carecer de antecedentes penais tanto en España como no país de orixe.

Como facelo

Por Internet

Pode solicitar a cita previa a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.

Presencialmente

Solicitude de cita na Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.

Por teléfono

Solicitude cita: 988.41.47.76

Observacións

Preguntas Frecuentes:

Requisitos necesarios para regularizarse por arraigo

Documentos que se poden presentar para probar a inserción social

Condicións ou requisitos da oferta de emprego

Cómo e onde legalizar e no seu caso traducir o certificado de penais do seu país.

Oficinas

  • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes
Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo
O horario de atención ao público é:
Mañás: De luns a xoves, de 09:30 a 14:00.
tardes : Martes e Xoves de 16:00 a 18:00

Lexislación relacionada

  • Lei de Estranxería Lei Orgánica 4/2000 do 11 de xaneiro, sobre dereitos e libertades dos estranxeiros en España e súa integración social. Lei Orgánica 4/2000 do 11 de xaneiro, sobre dereitos e libertades dos estranxeiros en España e súa integración social
  • Regulamento de Estranxería Real Decreto 2393/2004 do 30 de decembro, polo que se aproba o Reglamento de execución da LO 4/2000.. Real Decreto 2393/2004 do 30 de decembro, polo que se aproba o Reglamento de execución da LO 4/2000

Trámites relacionados


 
Plan Xitano: Vivenda PDF Imprimir Correo-e

PROXECTO DE VIVENDA E ALOXAMENTO


OBXECTIVOS

  • Mellorar as condicións das viviendas desta poboación
  • Campañas de información sobre axudas para vivenda
  • Apoiar á poboación na procura de vivienda
  • Actuacións de acompañamento, seguimento e educación social

ACTIVIDADES

  • Información, asesoramento e xestión de axudas para aluguer ou adquisición de vivienda
  • Actuacións de acompañamento, seguimento e educación social para as familias

TRAMITES

  • Solicitude da Renda de Emancipación
  • Solicitude para a incorporación nas Bolsas de Aluguer

BENEFICIARIOS

Todas aquelas familias cuxos ingresos económicos non lles permitan mellorar as suas vivendas, ou non teñan recursos suficientes para poder alugar.

TEMPORALIDADE

   Prevése como duración de este proxecto todo o ano.
 
Plan Xitano: Acción Social PDF Imprimir Correo-e

PROXECTO DE SERVIZOS SOCIAIS E ACCION SOCIAL


OBXECTIVOS

  • Conseguir que a poboación coñeza os servizos  e as prestacións
  • Seguir a evolución das persoas que acoden a este servizo
  • Mellora da eficacia e coordenación dos recursos sociais que inciden na comunidade xitana
  • Crear un servizo de educación familiar para axudar a aquellas unidades de convivencia que teñan problemas no coidado dos menores, hixiene, etc.

ACTIVIDADES

  • Difusión de servizos e prestacións sociais
  • Tramitación de axudas e prestacións
  • Seguimento das persoas que se encontren nalguna destas situacións
  • Incorporar ás familias ao programa de educación familiar

TRAMITES

  • Solicitude da Renda de Integracion Social de Galicia
  • Solicitude de axudas de Emerxencia Social da Xunta
  • Solicitude de axudas para a Integración do Menor
  • Solicitudes de Pensións non Contributivas
  • Solicitude de Axudas de Emerxencia Muncipal

BENEFICIARIOS

Toda a poboación de etnia xitana residente no Concello de Verín

TEMPORALIDADE

Estas actividades levaránse a cabo durante todo o ano.
 
Plan Xitano: Saude PDF Imprimir Correo-e

PROXECTO DE SAÚDE

OBXECTIVOS

  • Mellora dos hábitos de saúde e hixiene da poboación

  • Planificación familiar

  • Control das vacinacións dos menores

  • Mellora dos hábitos alimenticios para evitar posibles problemas de saúde

  

ACTIVIDADES

  • Charlas de Saúde e Muller

  • Control sanitario e na infancia

  • Planificación Familiar

  

BENEFICIARIOS


Toda a poboación xitana residente no municipio.

  

TEMPORALIDADE


 O proxecto terá a duración de un ano.

 

 
Plan Xitano: Inserción Socio-Laboral PDF Imprimir Correo-e

PROXECTO DE INSERCIÓN SOCIO-LABORAL


OBXECTIVOS:

Adquirir unha formación laboral que lles permita a súa inserción laboral.
Integrar á poboación no mundo laboral, co fín de erradicar actividades marxinais.
Conseguir a plena integración deste colectivo na vida social a través dun trabajo digno.
Adaptar os programas formativos ás características socioculturais das persoas xitanas.

ACTIVIDADES:

  • Curso de Peluquería
  • Obtención do permiso de conducir

Curso de Perruquería

Este ano intentamos centrar as actividades formativas dirixidas ás mulleres cara outros campos laborais, como é neste caso o da perruquería. Na nosa zona existen moitos locais adicados a este servizo, polo que sería unha actividade interesante á hora de procurar emprego. Ademáis, con este curso queremos inculcar hábitos de hixiene ás mulleres para que podan levalos a cabo nos seus propios fogares; limpeza do cabelo, coidados básicos, cómo tratar certas enfermidades (piollos, eccemas,etc)

Obtención do permiso de conducir.

Nestos momentos a posesión do carné de conducir faise indispensable para a procura de cualquera emprego, tanto para homes como para mulleres. Moitas son as persoas da nosa comunidade que carecen del e que teñen dificuldades para obtelo debido á falta de recursos económicos.
Por iso, con esta actividade queremos darlle igualdade de oportunidades a esta población, xa que debido á falta de recursos económicos non o poden conseguir, sobre todo, as mulleres, que ata este momento se encontran relegadas a un segundo plano para poder traballar fóra da casa e son escasas as que posúen o cané de conducir. A estas mulleres as actividades que lles encomenda a súa familia son o coidado da mesma e estar no posto nas feiras, sen capacidade de decisión sobre a actividade laboral fóra da casa. Con esta actividade pretendemos que esta cuestión mude.

BENEFICIARIOS:

Poderán beneficiarse deste proxecto a población xitana comprendida entre os 16 e os 65 anos de idade, que se encontren en situación de desemprego (menos para o carné de conducir que será de 18 a 65 anos de idade)

TEMPORALIDADE:

Prevése como duración para cada un dos cursos catro meses.
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 Seguinte > Final >>

Páxina 13 de 14
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59