Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais
Servizos Sociais
ov-sas-maiores-xantar-na-casa

Programa de comidas a domicilio “Xantar na casa”.


Constitúe un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade  adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.

Preténdese que as persoas maiores e/ou dependentes poidan seguir vivindo nos seus fogares o maior tempo posible e cun nivel de independencia e autonomía aceptable.
 
ov-sas-maiores-065

Programa de Transporte Adaptado (065).


O Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para ás persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de  dependencia ten a consideración de servizo de transporte adaptado programado e non urxente para a prestación de servizos puntuais.

Este servizo de transporte adaptado e asistido, de carácter gratuíto, ten como finalidade:
a) Poñer a disposición das persoas con discapacidade e/ou dependentes que teñan dificultades de mobilidade os  medios adecuados as súas necesidades, que lles faciliten dita mobilidade.
b) Favorecer o acceso, en condicións de igualdade efectiva, ás persoas con discapacidade e/ou ás persoas en situación  de dependencia aos servizos e recursos que faciliten a promoción da súa autonomía persoal así como a súa  participación no contorno habitual.
 
ov-sas-maiores-acompañote

Programa “Acompáñote” de localización e control.


O sistema de xeolocalización consiste na utilización de dispositivos que trala emisión de alarmas permiten a localización dunha persoa fora do seu domicilio.

Trátase dun pequeno equipo que integra un terminal e un módulo de localización xeográfica vía satélite, conectado cun centro de control durante as 24 horas e dende o que é posible recuperar a posición exacta dunha persoa en calquera momento.
 
ov-sas-maiores-xuntos-no-nadal

Programa “Xuntos polo Nadal”.

Programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas, xa sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Este programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro de 2014 e o 2 de xaneiro de 2015, e comprende os seguintes servizos:
1. Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
2. Aloxamento, en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa.
3. Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa.
4. Actividades de animación sociocultural.
5. A recollida das persoas participantes efectuarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 2 de xaneiro despois do xantar.
 
ov-sas-maiores-acollemento

Programa de Acollemento familiar para persoas maiores.

O programa de acollemento familiar pretende facilitala integración de persoas maiores e persoas con discapacidade no seo dunha familia que, ademais de proporcionarlle un ambiente e trato familiar, atenda as necesidades derivadas da súa avanzada idade e/ou dependencia.

• Recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema.
• Programa de Respiro Familiar para coidadores de persoas en situación de dependencia.
• Programa de Teleasistencia Avanzada “Mi Avizor”.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 14
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59