O CPR María Inmaculada deseña o Cartel Oficial do “Desfile Infantil” do Entroido 2019 de Verín Imprimir
Mércores, 30 Xaneiro 2019 14:25

O CPR María Inmaculada deseña o cartel oficial que representará o vindeiro 'Desfile Infantil' do Entroido 2019, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín.

Nesta ocasión, do mesmo xeito que na anterior edición, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile,  nesta ocasión, o CPR  María Inmaculada.

Tras elaborar este centro tres carteis, representantes das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Gudiña; os colexios Princesa de España, Augusto Assia de A Mezquita,  Rural Agrupado Monterrei, Amaro Refojo, Ventas da Barreira, e Castrelo do Val; e as Casas Niño de Monterrei, Castrelo do Val e Monterrei seleccionaron mediante votación o cartel oficial do 'Desfile Infantil' 2019.

O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do Concello de Verín-.