Aberto o prazo de inscrición para expositores da Feira de Outono 2017 Imprimir
Mércores, 25 Outubro 2017 12:11

Verín celebra o 18 e 19 de novembro a terceira edición da Feira de Outono, centrada nos productos de tempada e ecolóxicos. Todos os expositores interesados en instalar unha caseta xa se poden inscribir na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín.

Para participar será condición indispensable que a temática do posto estea relacionada cos produtos típicos de outono. 


CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN NO EVENTO 'FEIRA DO OUTONO'  2017

-      Horario da feira: 11 – 14.30 e de  16.30 – 20.30

-      Ubicación: Unha carpa na Praza Maior.

-      Cuota de participación: 30 euros (pagando en efectivo na Tesourería do Concello de Verín ou por transferencia bancaria, Nº conta bancaria:  ES30-0182-0618-46 - 0010025874 (BBVA))

-      As candidaturas deberán ser formalizadas antes do 03 de novembro de 2017

-      A Folla de Inscrición e os xustificantes bancarios ou recibís en efectivo entregaranse por algún dos seguintes medios:

a) Na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Verín -na planta baixa

b) Por correo electrónico: adl@verin.gal;

c) Por fax: 988 41 19 00

-      Dada a limitación de espazo para expor os produtos, realízase a asignación de posto por orden de entrada e pago. Por iso é importante realizar a inscrición e pagamento canto antes.

-      Os participantes traerán os seus taboleiros . En caso excepcional, avisar ao Concello para por taboleiros se hai dispoñibilidade.

-      Oferta de produtos típicos de outono.

-      Permítese a degustación de produto de outono.

-      Non se permite a venda de produtos de alimentación que non se encadren nesta época.

-      A decoración temática do stand/tableiro corre a cargo do expositor.

-      Importante manter a limpeza dentro do stand tal cal se entrega o primeiro día

-      A carga e descarga realizarase dun xeito organizado, sen interromper a resto de expositores, viandantes, resto de coches, etc...Mantendo libre os bados e aparcamentos.

-      A organización resérvase o dereito de anular a inscrición dos/das participantes, cuxos produtos non certifiquen calidade para ser comercializados así como a temática.

-      Os/As participantes son responsables dos produtos vendidos e serán obrigados a indemnizar a calquera comprador/a que lles vendan produtos sen calidade.

-      A organización non se responsabiliza dos danos ou desaparición de obxectos dos stands durante o horario de funcionamento do evento.

-      A reposición de mercadoría, durante o horario de funcionamento do evento, deberá ser comunicada a organización para a correspondente autorización.

-      É obrigatoria a presenza dunha persoa mínimo no respectivo stand durante toda a feira, 5 minutos antes da hora de apertura ata a hora de peche.

-      O/A participante non pode ceder a calquera título, oneroso ou gratuíto, o seu dereito de ocupación do espazo.

-      Por motivos de seguridade, baixase a corrente eléctrica pola noite dentro da carpa.

-      A noite do sábado ao domingo haberá un garda de seguridade.

-      Calquera necesidade especial ou información que deba estar en coñecemento da organización, deberá ser comunicada a organización.


Descarga aquí a folla de inscrición.