Mostra fotográfica “Descrenza (outono fotográfico 2017)” na Sala de Exposicións de Verín Imprimir
Mércores, 15 Novembro 2017 14:03

Desde o 17 de novembro ata o 16 de decembro, a Sala de Exposicións do Concello de Verín acolle a mostra fotográfica “Descrenza”, organizada pola Asociación “Os Potiños”, en colaboración co Concello de Verín.

Chega a morte de todas as crenzas. Naufraxio das verdades que nos tiñan escravos. Descreer todo, e regresar ao camiño da busca da liberdade onde nacen mapoulas frescas.E tamén na fotografía: Recoñecer que o certo non o é, que a foto non conta a verdade, senón a interpretación do autor. Non reproduce, senón crea. Renunciar á herdanza do fácil; descreer para inventar, para construír nós mesmos nosa fotografía. Así crea “Os Potiños” nesa edición do Outono Fotográfico, pensando en branco e negro e con formato cadrado.

Sala de Exposicións de Verín. Horarios: luns a venres, 17 a 21 h; sábados, 10 a 14 e 17 a 20:30 h.