O Concello de Verín aproba definitivamente un orzamento para 2017 de 11.057.471,81 euros, un 7,98% maior co anterior Imprimir
Xoves, 21 Decembro 2017 15:15

Pleno Extraordinario 21-12-2017 O pleno do Concello de Verín aprobou hoxe, cos votos do grupo de Goberno, o orzamento para 2017, que ascende a 11.057.471,81 euros, un 7,98% maior co anterior.

Segundo os datos que figuran na memoria de Alcaldía,  "cabe destacar que o orzamento se incrementa en un 7,98% respecto ao exercicio de 2016, isto é, pasa de 10.239.832,80 a 11.057.471,81 euros.  Esta suba maniféstase nun notable aumento das transferencias de capital, derivadas da boa xestión destes recursos e actuacións e intercambios de xestión do Concello de Verín coas outras administracións, o que se concreta nun incremento dun 190,77% nas transferencias de capital, que pasan de 113.570 euros aos 330.227,78 euros (Subvención para a Contratación de Traballos de Protección e Reforma do Barrio de San Lázaro, programa de Equipamento e Mellora de Instalacións e Locais Utilizados para a Realización de Actividade" .

O documento foi aprobado definitivamente tras ser rexeitadas as alegacións presentadas polo informe da Intervención municipal.