O mundo da cultura mobilízase por un monte vivo Imprimir
Xoves, 28 Decembro 2017 11:52

Este venres 29 terá lugar en Verín o Concerto Expansivo por un Monte Vivo, un evento simultáneo ao que diferentes salas, colectivos e persoas do mundo da cultura se están a sumar.

Esta serie de concertos terán un carácter solidario e reivindicativo. Os cartos recadados no Concerto Expansivo por un Monte Vivo repartiranse entre colectivos ecoloxistas que están a desenvolver diversas accións pedagóxicas e de recuperación ambiental: Amigos da Terra, Adega, Amigos das Árbores da Limia e Amigas das Árbores de Ourense.

Os colectivos e músicos implicados no Concerto Expansivo queren poñer o acento na necesidade dunha nova política forestal ao tempo que reinvindican que se asuman responsabilidades pola vaga de incendios sufrida en Galicia no mes de outubro.

Verín únese á causa e este venres poderemos disfrutar a partir das 20:00 horas do evento. Contaremos coa actuación de Neiz, Chips Rahoy, Millo, Xestreu, Banda de Música Tradicional Nova Era, Guezos, Outlines e Discomóbil A Gramola.

Ademais pola tarde contaremos con activides para os máis cativos a partir das 17:00 horas, coa finalidade de concienciar o coidado dos montes e durante toda a xornada os bares da zona participarán co seu pincho solidario.

Twitter:  https://twitter.com/CExMV17

Correo-e: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Facebook: https://i.gal/evento

Web https://cexmv.wordpress.com/