Entrega de premios do Concurso de Escaparates de Nadal 2017 de Verín Imprimir
Venres, 29 Decembro 2017 14:09

Esta maña, Susana Boo, representante da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, e Diego Lourenzo, tenente de alcalde de Verín, entregaron na casa consistorial os diplomas do Concurso de Escaparates de Nadal de Verín.

Esta iniciativa,  organizada pola Cámara de Comercio de Ourense – coa colaboración do Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín (Aever) -, outorgou tres premios de 150, 100 e 50 euros, e entregou os seus correspondentes diplomas, aos seguintes establecementos:


  • Primeiro posto La tienda del bebe (premio con 150 €)
  • Segundo posto: Aquerea (premio con 100 €)
  • Terceiro posto: Ángela (premio con 50 €).
  • Carto posto: Chiqui Moda Infantil.
  • Quinto posto: Lentes de Ouro, The Monkey Time, Noiseness.
  • Sexto posto: Electrodomésticos Afonso.

Os cheques regalo serán entregados aos gañadores o próximo o día 3 de xaneiro na Gala Máxica de Aever no Pavillón Municipal dos Deportes.

O xurado estivo composto por María José Salgado de Dios, diseñadora de moda, María do Pilar Salgado de Dios , profesora de pintura e manualidades do Concello de Verín e Cristina López López, deseñadora de interiores en UNOUNO arquitectura de Interiores. A valoración máxima por criterio foi de de 3 puntos, sendo o mellor escaparate o que máis se aproxime aos 9 puntos.

No concurso participaron 47 establecementos comerciais que o solicitaron e están localizados no concello de Verín, previa inscrición. O tema a desenvolver foi o Nadal, deixando total liberdade no tocante a técnica e estilo, valorando estes tres criterios: creatividade e orixinalidade; combinación de elementos e cores; iluminación e composición.