O Concello de Verín organiza un Torneo de Padel no Complexo Deportivo de A Granxa Imprimir
Venres, 07 Setembro 2018 13:43

Entre o 21 e o 23 de setembro, terá lugar no Complexo Deportivo de A Granxa o primeiro torneo de Padel de Verín. As inscricións estarán abertas ata as 20:00 horas do 19 de setembro.

A inscrición terá un custo de 15 euros para unha categoría ou 25 euros para dúas categorías, e garantiza disputar un mínimo de 3 partidos. A todos os participantes faráselles entrega do chamado Welcome Pack,  que constará dunha camiseta serigrafiada con todos os patrocinadores do evento.


Ademais, os ganadores e finalistas das distintas categorías serán galardoados con importantes premios, trofeos e diñeiro en metálico.

O 22 de setembro, as 22:00 horas, terá lugar unha cea na Vinoteca Gandainas Verín, para todos os participantes.

As inscricións e a consulta das bases do torneo pódense realizar a través dos seguintes contactos; Javier Souto -  638082655 / Iñaki Diéguez - 616957440

Devandito torneo consta coa colaboración de Adegas Abeledos , Autoescuela Verín , A corbaceira , Cabreiroa, A gramola , Gandainas, Lusco Fusco , Regueiro da Cova , Crego e Monaguilo , Bar Sufitel e Majitex.