Corenta expertos internacionais destacan en Verín o “enorme potencial” dos lagares rupestres para desenvolver roteiros enoturísticos Imprimir
Sábado, 08 Setembro 2018 21:34

Israel, con lagares rupestres datados dende 1.500 anos antes de Cristo, e Portugal, con monumentos similares dende a era romana, son os dous modelos a  seguir para xerar riqueza creando roteiros adicados ó enoturismo. Esta é unha das conclusións da segunda reunión internacional da Asociación de Lagares Rupestres, que onte se celebrou no Museo Claustro Mercedario en Verín, cuxa comarca, en Monterrei, alberga 60 distes peculiares restos arqueolóxicos.

“Os lagares rupestres son diamantes en bruto para xerar riqueza turística”, afirmou o enólogo e responsable das xornadas, Luís Padín, na mesa redonda que tivo lugar tras a reunión de traballo de onte no Museo Claustro Mercedario en Verín. “Israel e Portugal, na rexión de Valpaços, xeran millóns de euros anuais mediante o turismo e o enoturismo que se sustenta nos lagares rupestres”.

Para os poñentes, que realizaron un debate aberto ó público as sete da tarde, estes dous países son os exemplos a seguir, pola calidade da súa xestión turística, así como pola promoción e documentación minuciosa destes roteiros. “Temos un enorme camiño por percorrer, afirmou o respecto o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, anfitrión das xornadas no Claustro da Mercede, “pero dende Verín xa recollemos o guante e  estamos a facer a promoción e a ubicación dos lagares de Monterrei dende o museo do Viño con elementos audiovisuais”.

MESA REDONDA

A mesa redonda, dirixida polo enólogo Luís Paadín e integrada por importantes expertos internacionais sobre os lagares rupestres, abordou “O valor patrimonial, turístico e de identidade dos lagares rupestres”, afondando no valor como recurso destas pezas únicas no mundo da produción do viño, que se atopan dispersas por todo o mundo mediterráneo.

Interviron  Luís Vicente Elías como presidente da Asociación Lagares Rupestres de España (Doutor en antropoloxía), Augusto Sequira como presidente da Asociación en defensa de los Lagares Rupestres de Portugal, Asunción Martínez vicepresidenta (Doutora en Arqueoloxía) e Julio Grande secretario xeral (Licenciado en Humanidades).

Moderou Luís Vicente  Elías, e presentáronse as dúas asociacións. Tamén se abordaron as adhesións de Italia e Creta